O lado máis carrilexo de Rosalía, ao alcance de todos no Museo do Ferrocarril

O lado máis carrilexo de Rosalía, ao alcance de todos no Museo do Ferrocarril
Diario de Arousa-2018-07-14-005-953c58fa

Aqueles que queiran coñecer o lado máis carrilexo de Rosalía de Castro, unha das máis grandes das letras galegas, teñen a oportunidade de facelo da man dunha exposición inaugurada onte no Museo do Ferrocarril de Vilagarcía. A mostra “Quero ver o mar” non é máis que un compendio de once paneis dos que se desprende non só un anaco da vida da autora de “Cantares Gallegos” e “Follas Novas”, senón tamén un anaco da vida de Carril e da historia do seu mar e do seu porto.
     A iniciativa parte dunha serie de colectivos locais como “Rompetimóns” ou “Amigos do Carril” en colaboración coa padronesa Fundación Rosalía de Castro. A mostra poderá verse durante as próximas semanas e non é máis que o inicio dun “irmandamento” que busca, máis que nada, explorar os lazos históricos e literarios co pobo carrilexo, donde se di que pasou tempadas estivais antes de finar.
     Non foi esta a única actividade que se está a argallar para unir lazos coa vila padronesa e coa historia da vida e obra de Rosalía. De feito a Praia da Covacha foi onte escenario dunha serie de actividades que xiraron en torno á figura literaria. Houbo solta de versos ao aire, música en directo e tamén a dramatización dalgúns textos tanto de Rosalía como do seu home, Manuel Murguía.
     Hoxe haberá un percorrido en embarcacións tradicionais, e tamén en galeón, dende a Ría de Arousa e ata río arriba chegando a Padrón.

O lado máis carrilexo de Rosalía, ao alcance de todos no Museo do Ferrocarril

Te puede interesar