Longa vida ás meigas que conxuran na noite máis misteriosa do ano

Longa vida ás meigas que conxuran na noite máis misteriosa do ano
Foron moitos os que acudiron ataviados para a ocasión e os chourizos ao viño foron, de novo, unha das delicias máis buscadas | gonzalo salgado

Hai esperas que desesperan, como as das urxencias, e outras que se fan con máis gozo, como as ringleiras que se forman cada ano nos postos “meigos”, as pallozas máis buscadas de todo o mundo. Son as da Noite Meiga de Vilagarcía, que aínda que este ano chegou en pleno xullo non perdeu nin un ápice do seu encanto nin da súa maxia. Así o demostraron as numerosas familias e grupos de amigos que acudiron a empaparse do máxico ambiente que rodea o evento.


Os chourizos ao viño, os callos, a empanada e os doces foron a escusa para abrir boca para unha queimada conxurada que soubo a gloria. As meigas volveron a estar soltas polas rúas, libres como aquelas mulleres que quixeron selo e que foron queimadas polos prexuízos dunha época oscura.


O único lume que ardeu onte foi o da pota, nunha auténtica homenaxe ao color e a maxia. Nenos e maiores o pasaron en grande cun evento que, desde hai décadas, e todo un clásico da programación de verán, e que organiza a Concellería de Cultura.


Foron nove os colectivos que fixeron posible unha nova Noite Meiga. Son O Noso Lar, Asociación Fontefría de Guillán, Taller de Teatro Clámide, A Cantarela, a Protectora de Animais, Zona Aberta, Cantareiras Bulideiras de Fontecarmoa, Os Remolóns e Os de Sempre “Peña Junquera”.


Mesa das Verbas

A música e a festa seguirán durante os próximos días, con eventos como Ás Nove na Praia ou celebracións en Carril e A Laxe, entre outras. Pero nas próximas semáns haberá actos tamén máis proclives á intimidade e ao recollemento, nos que, iso si, a cultura será protagonista e tampouco faltará a música. Un exemplo é a edición especial que a Mesa das Verbas prepara para o 6 de agosto. Será ás 19 horas no Parque da Xunqueira e contará cun invitado de excepción, Xesús Alonso Montero, que pronunciará una conferencia sobre Antonio Machado.

Longa vida ás meigas que conxuran na noite máis misteriosa do ano

Te puede interesar