Luis Fercán: “A pandemia logrou desbloquearme e sacou temas que tiña dentro”

Luis Fercán: “A pandemia logrou desbloquearme e sacou temas que tiña dentro”
Luis Fercán tocará temas dos seus discos e algún novo

Luis Fercán xa sabe o que é pisar terras vilagarciáns. No 2022 foi un dos artistas do cartel do Atlantic Fest e mañá mesmo regresa á capital arousá na que é a primera actuación do “Achégate ao Salón”, unha proposta cultural que busca activar a hora do vermú con actuacións musicais ao mediodía. As entradas teñen un custe de 12 euros.

 

Como vive Luis Fercán a transición de ser anónimo a empezar a ser coñecido no mundo musical?
Eu creo que aínda estou nesa fase. Ás veces párame a xente, pero non é algo que me pase moi a miúdo. Supoño que o feito de ir xirando por aí, de cantar, de deixarme ver inflúe á hora de que empece a coñecérseme.

O teu último disco “Canciones completas desde una casa vacía” chegou no 2021, en plena pandemia. Foi esa situación motivo de inspiración?
Eu estaba coma todo o mundo na casa, pero dándolle moitas voltas á cabeza. Tiña moitas ideas de temas que levaba moito tempo sen plasmar, sen escribir por unha etapa que pasara de certo bloqueo. De repente a pandemia conseguiu que sacase o que tiña dentro e é iso todo o que se plasmou no disco.

 

En máis dunha ocasión tes falado de que utilizas a música e as túas cancións para curarte...
Totalmente. A música é unha terapia para min e necesítoa na miña vida porque senón volveríame tolo. É unha fórmula que me sirve para manterme ben conmigo mesmo.

 

O ano pasado en Vilagarcía puido verse a Luis Fercán nun formato máis festival. O de “Achégate ao Salón” é outro formato...
Si, os que veñan ao concerto vanse atopar cun formato moi íntimo e cunha persoa falando das súas “movidas” mentais e paranoias e sempre dunha forma moi natural. Creo que facer as cousas de forma natural é o que fai que o público se entenda conmigo. Tocarei os temas do último disco e tamén algún dos anteriores e, como non, algún novo.

 

Hai logo previsión de novo disco a curto prazo?
Estou traballando en novos proxectos e empezo en abril a gravar o seguinte disco, pero con calma. No verán supoño que estaremos nalgún festival e seguirei dando concertos

 

Na era das cancións creadas para converterse en bandas sonoras de tik toks parece complicado encaixar temas máis perdurables e intismistas...
Eu intento facer xusto o contrario coas cancións, que o tema perdure. Certo que vivimos nun mundo no que parece que as cancións só duran tres meses, pero eu estou moi orgulloso que neste disco de “Canciones completas desde una casa vacía” hai temas que se seguen escoitando.

 

Pese a non escoitarse nas radios comerciais...
Eu creo que as radios pinchan por demanda. Eu non me podo queixar porque me vai ben, polo que non me resulta negativo.

Luis Fercán: “A pandemia logrou desbloquearme e sacou temas que tiña dentro”

Te puede interesar