Marea na Vila lamenta a “inacción” do goberno local ante os episodios de vertido na praia

Marea na Vila lamenta a “inacción” do goberno local ante os episodios de vertido na praia
O baño xa está recomendado na principal praia urbana de Vilagarcía | g.s.

A formación Por unha Marea na Vila lamenta a “inacción” do goberno local socialista á hora de resolver o episodio de contaminación na praia da Compostela rexistrado nos últimos días. A formación asegura que non sae “do seu asombro” polas declaracións vertidas polo concelleiro responsable de Medio Ambiente, Lino Mouriño, no Pleno municipal. “Ademais de indignantes demostran a falta de compromiso e vontade por solventar o problema”, sinalan. De feito entenden que “non é de recibo que o responsable municipal recoñeza non só que descoñece a orixe da vertedura, senón que desprece a gravidade da situación e non anuncie medidas para resolvela”.
Marea na Vila critica tamén o feito de que, a pé de praia, “non había información suficiente, chegando incluso a non facer ondear a bandeira vermella ante esta situación”. É máis, inciden en que “moitas persoas bañáronse ese día no areal ante a imposibilidade de coñecer a situación de contaminación da praia posto que apenas se informaba ou só se facía en puntos concretos moi illados dos accesos maioritarios”.


Marea na Vila esixe coñecer “quen tomou a decisión de que non ondease a bandeira vermella, actuación que consideramos imprescindible ante a realidade de que na maioría dos accesos á praia non eran visibles os, ridículos por tamaño, carteis que anunciaban a situación”.
Levántase a restrición
Por outra parte a administración local recibiu onte a notificación da Consellería de Sanidade co resultado das contraanálises que mostran que os niveis de Enterococos intestinais están por debaixo dos límites permitidos por lei e que, polo tanto, non supón ningún risco o baño na praia urbana de Vilagarcía. De feito xa se pode levantar a restrición destes días.

Marea na Vila lamenta a “inacción” do goberno local ante os episodios de vertido na praia

Te puede interesar