domingo 27/9/20

O novo contrato de recollida de lixo mudará o sistema e renovará toda a maquinaria

Un cambio radical no sistema de limpeza de exteriores e na recollida de lixo. Iso é o que se reflectirá no prego de condicións do contrato máis custoso que promoverá o Concello de Vilagarcía. O concelleiro de Medio Ambiente,

O actual contrato de limpeza de exteriores e recollida de lixo está prorrogado ata o ano 2018 | d.a.
O actual contrato de limpeza de exteriores e recollida de lixo está prorrogado ata o ano 2018 | d.a.

Un cambio radical no sistema de limpeza de exteriores e na recollida de lixo. Iso é o que se reflectirá no prego de condicións do contrato máis custoso que promoverá o Concello de Vilagarcía. O concelleiro de Medio Ambiente, Lino Mouriño, matizou onte que xa se está traballando activamente no prego dun contrato que expira no ano 2018 e que foi prorrogado en máis dunha ocasión.
O novo contrato implicará un cambio profundo no sistema de recollida de lixo, dado que a cidade mudou moitísimo a súa fisionomía dende que se aprobou inicialmente este convenio a principios dos anos 90. “Hai máis zonas peatonais, a fisionomía cambiou, as beirrarúas non son as mesmas e iso fixo que o sistema se quedase totalmente obsoleto”, sinala Lino Mouriño. De feito non só mudará o sistema, senón tambén a propia maquinaria. “Polo que se puido ir avanzando a maquinaria también se cambiará por completo”, explicou.
 

Estudo exhaustivo
O responsable municipal confirmou que é unha empresa especializada, mediante un convenio do Concello co Eixo Atlántico, a que está a levar a cabo un “estudo exhaustivo” das necesidades e das deficiencias que ten Vilagarcía nestes momentos en materia de limpeza de exteriores e recollida de lixo. “Agora mesmo a empresa está centrada nos pregos do asunto da limpieza, e en outono supoño que se tomarán decisións ao respecto”. Recordou a importancia do contrato, millonario, “que é de tal envergadura que vai ter que ir ao Pleno e todos teremos que dar opinión”.
O actual contrato data do ano 1993 e foise prorrogando en máis dunha ocasión polos diferentes grupos de goberno. Iso si, e así o recordou Lino Mouriño, a actual lexislación limita un pouco agora este tipo de prórrogas. “A lexislación agora é clara e, no caso destes contratos millonarios, estipula un prazo máximo dun ano para que o investimento que se faga na maquinaria e no novo sistema pois quede amortizado”, explicou o responsable do departamento de Medio Ambiente.
O certo é que o servizo de limpeza de exteriores e de recollida do lixo en Vilagarcía supón un déficit actualmente para as arcas municipais de máis dun millón de euros.
De todos xeitos, e facendo referencia ao tempo de vixencia do que será o contrato máis importante do mandato de Alberto Varela, o edil de Medio Ambiente explicou que “é un contrato que trascende a máis dun mandato, polo que teremos que levalo a Pleno, falar moito sobre el e ver cal é a mellor maneira de xestionar a porquería que xeramos”. De feito o socialista ironizou conque “nisto non hai cores, dado que o problema da basura vano ter os azuis, os morados, os vermellos ou os verdes. Dá igual”.
A case un ano de que expire o actual contrato do servizo de limpeza de exteriores e de recollida de lixo o certo é que o goberno socialista leva xa uns meses traballando activamente na redacción dos novos pregos. O contrato sairá a concurso público por réxime de libre concorrencia, tal e como lembrou o propio concelleiro socialista.
A última prórroga deste contrato do lixo foi promovida polo goberno conservador de Tomás Fole e fíxoo por dous anos. É un dos asuntos en materia de contratos e medio ambiente máis delicados cos que se atopou o actual executivo socialista cando tomou as rendas da Alcaldía no ano 2015.

Comentarios