O Obradoiro de Emprego Ulla-Umia II traballa en rehabilitar dous lavadoiros en Moraña

O Obradoiro de Emprego Ulla-Umia II traballa en rehabilitar dous lavadoiros en Moraña
Presencia policial ante la vivienda de San Tomé de Nogueira, ayer, tras el suceso | g. salgado

Os vinte alumnos do Obradoiro de Emprego Ulla-Umia II traballan na rehabilitación de dous lavadoiros en Moraña, un ubicado no lugar de Bouza Pilón e outro no Bouza Parque. Os dez alumnos de albanelería e outros dez de carpintería están traballando xa na obra. De feito os coñecementos teóricos que foron adquirindo nas aulas e nos talleres estanos poñendo agora en práctica.
Os alumnos de albanelería fan traballos de rehabilitación dos lavadoiros e fontes de A Bouza Parque e A Bouza Pilón. No lavadoiro de A Bouza Parque realizaron a demolición do pavimento de formigón e no chan instalaron un pavimento de pezas irregulares de pedra natural. Tamén se procedeu á limpeza das zonas verdes e das superficies de pedra e formigón, así como do rexuntado de muros.
A alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro, visitou as obras xunto coa directora do Obradoiro vendo así o resultado dos traballos que están a realizar os alumnos.
No caso de A Bouza Pilón están realizando o levantamento de muros perimetrais e rehabilitando as escaleiras de acceso ao lavadoiro. Tamén están preparando as bases tamén para a instalación de columnas. A actuación contempla a construción dunha estrutura de madeira que remata nunha cuberta de tella do país.
Con estas actuacións os alumnos do obradoiro contribúen a recuperar elementos da cultura tradicional galega.
Así mesmo os alumnos do módulo de carpintería traballan no  taller realizando os cerramentos para carballeiras municipais, e tamén están facendo os mobles que serán instalados na nave en donde se atopa o obradoiro.
Do mesmo xeito, e de maneira paralela ás clases prácticas que se destinan á recuperación do patrimonio da localidade, tamén continúan as clases teóricas. Este obradoiro pertence aos concellos de Moraña e Valga. l

O Obradoiro de Emprego Ulla-Umia II traballa en rehabilitar dous lavadoiros en Moraña

Te puede interesar