O plan de asfaltados chegará unha ducia de vías de Vilagarcía, a maioría no rural

O plan de asfaltados chegará unha ducia de vías de Vilagarcía, a maioría no rural
Presentación do plan de asfaltados I MÓNICA FERREIRÓS

Faxilde, Carril, Sobradelo, Trabanca Sardiñeira ou Fontecarmoa son algunhas das parroquias que se benefician do plan de asfaltados que pon xa en marcha o Concello de Vilagarcía. Máis de medio millón de euros para financiar unhas obras que chegarán a diversos puntos do municipio, onde existen necesidades de actuación.
 

Un deles é a Rúa San Andrés, en Carril (unha das paralelas ao Paseo Marítimo, que conecta con outras como Lucena e coa Avenida Rosalía de Castro). Ata alí se desplazaron o alcalde, Alberto Varela, e o concelleiro de Obras e Servizos, José María González, que explicaron en que consistirán as obras.
“O plan é froito das reunións mantidas cos colectivos para establecer as necesidades”, explicou Varela, que indicou que aínda que había máis peticións, “hai que piriorizar”.
 

O investimento, de 514.796,45 euros, permitirá renovar por completo case tres quilómetros da rede viaria local, “o que dá unha idea do esforzo económico que supón manter o conxunto de comunicacións interiores do municipio”, apunta o goberno local, que destaca que se trata de algo máis de medio millón de euros para “os tres quilómetros e doce camiños ou rúas”.
 

Varela incidiu en que son numerosas as reunións que mentén o Concello coas distintas asociacións que, aínda que non se pode “actuar en todos os sitios e ao mesmo tempo, porque iso require investimentos moi elevados”, o contacto constante e a comunicación directa serve para “establecer priroidades.

 

Aposta decidida

Na zona periurbana do municipio sitúase a Rúa San Andrés, en Carril, e as súas travesas dende ROsalía de Castro; así como un tramo de Ramón Martínez, no Piñeiriño ou a zona que se estende entre a rotonda e Valle Inclán e a Avenida da Mariña; O resto de actuacións son as rúas Marxiada, e  Feal (Sobradelo); Fondo da Vila, en Trabanca Sardiñeira; Fonte de Faxilde e Camiño a Renza, ambas en Sobrtán; Rúa Fontecarmoa e acceso ao Hospital dende a N-640.
 

Ademais das solicitadas polos veciños nas reunións con Varela, tamén se inclúen outras rúas que foron demandadas polo grupo do BNG, segundo explicou o rexedor durante a comparecencia na Rúa San Andrés de Carril, onde o deteriorado firme pasará a lucir un renovado aspecto e solventaranse tamén outros problemas.
 

En total, son 52 camiños nos que se leva actuado desde que os socialistas están no goberno, “mentres algúns din que non hai investimentos no rural e despois, cando se levan ao Pleno, votan en contra, nós seguemos traballando”, apuntou o alcalde socialista, que incidiu en que é “unha aposta decidida”. 

O plan de asfaltados chegará unha ducia de vías de Vilagarcía, a maioría no rural

Te puede interesar