O PP rexeita a apoloxía da prostitución e das drogas pero lle preocupa a "contudencia" dos socialista con Mägo de Oz

O PP rexeita a apoloxía da prostitución e das drogas pero lle preocupa a "contudencia" dos socialista con Mägo de Oz
Mägo de Oz durante un concerto

O Partido Popular de Vilagarcía manifesta, con respecto ao discurso do guitarrista de Mägo de Oz, o seu "máis firme rexeitamento a calquera declaración que banalice, apoie ou faga apoloxía da prostitución, do consumo de drogas ou que insulte a claquera persoa, incluídos representantes públicos, sexan do partido que sexan, porque cremos que o respecto e a responsabilidade deben estar sempre presentes na vida pública". Sen embargo, os conservadores tamén están "preocupados" pola "contundencia e rapidez" coa que actuaron desde o executivo de Varela e que achacan a "declaracións que afectan ao Partido Socialista" (aínda que dende o goberno local incidiron, en todo momento, que o descarte deste concerto era pola apoloxía da prostitución e das drogas, encadrando ás críticas ao Goberno de Sánchez na liberdade de expresión).

 

"Sorpréndenos e preocúpanos que o goberno local actúe con tanta contundencia e rapidez cando se trata de declaracións que afectan ao Partido Socialista, ata o punto de que gran parte da cidadanía define como resposta desproporcionada e censura. A liberdade de expresión e de creación artística é certo que ten uns límites, pero é coñecido por todos que estes son amplos para permitir expresar o que cada un sinte ou cre, aínda que implique unha dura crítica", sinalan desde o PP nun comunicado.

 

Os conservadores inciden que en "o goberno local mentres cala ou mira para outro lado ante expresións artísticas que inciden na cosificación da muller, na banalización das drogas, no machismo, no insulto a outros partidos ou no ataque á liberdade relixiosa, censura a actuación do grupo Mägo de Oz", sinala o PP, que se pregunta se o goberno local ai ter o mesmo "nivel de pureza" para canelar os próximos concertos.

 

Ademais, o PP tamén acusa aos socialistas de Varela de "manter un apoio sen fisuras" aos socialistas de Pedro Sánchez, "rodeado de ministros relacionados coa prostitución e con favores políticos como Ábalos e Cerdán". Por elo, se preguntan se o goberno local tería cancelado o concerto se as declaracións fosen sobre algún dirixente do PP.

 

Os conservadores esperan que, a partir de agora, os "criterios morais e éticos" na actividade cultural en Vilagarcía se apliquen "con coherencia, sen sectarismo e co mesmo raseiro para todos os artistas". De feito, advirten de que van facer un "seguimento desta cancelación para coñecer cal foi o custe real desta decisión", empezando por unha pregunta por escrito no próximo Pleno.

O PP rexeita a apoloxía da prostitución e das drogas pero lle preocupa a "contudencia" dos socialista con Mägo de Oz

Te puede interesar