O Concello de Vilagarcía saca a licitación o lote 1 do Plan de Asfaltados, que afecta á rúa Fontecarmoa e ás travesías de Rosalía de Castro, por un importe de 60.000 euros. As empresas interesadas terán ata o 14 de xullo para presentar as súas ofertas a través da Plataforma de Contratación. O prazo de execución é dun mes.
O Plan de Asfaltados Municipais está dotado con máis de medio millón de euros e afecta a rúas de toda a cidade. Neste caso, trátase de tres vías cuxo firme “esgotou a súa vida útil”, tal e como recolle o informe técnico. Ademais, no caso da rúa Fontecarmoa o paso é moi estreito para a cantidade de vehículos que a transitan. Por este motivo, ademais do fresado e reposición do chan, as accións contemplan o retranqueo do muro dunha finca particular, que axudará a gañar máis espazo. Aproveitando as labores, instalaranse varios lombos redutores de velocidade e pintaranse a sinalización horizontal.
O alcalde, Alberto Varela, sinalou a relevancia da “potente inversión que se está levando a cabo en todos os barrios e parroquias de Vilagarcía”, que axuda a gañar en seguridade vial.
Neste sentido, a Xunta Local de Goberno adxudicou este luns o Plan de Implantación de redutores de velocidade por valor de 42.000 euros á empresa Nemesio Ordóñez S.A. Á licitación presentáronse tres firmas, resultando beneficiada esta última ao mellorar a oferta económica e o prazo de garantía, que paso de un a catro anos.. La previsión es que se coloquen 22 nuevos lombos.