jueves 22/10/20

Propoñen que se lle dediquen as Letras Galegas a Plácido Castro

O Padroado da Fundación Plácido Castro propón en Vilagarcía que se lle outorgue ao autor, mestre na cidade durante anos, o Día das Letras Galegas. O Padroado reuniuse no Concello coa idea de establecer a estratexia a seguir para o período 2016-2020.

Imaxe da entrega dun dos premios de tradución Plácido Castro
Imaxe da entrega dun dos premios de tradución Plácido Castro

O Padroado da Fundación Plácido Castro propón en Vilagarcía que se lle outorgue ao autor, mestre na cidade durante anos, o Día das Letras Galegas. O Padroado reuniuse no Concello coa idea de establecer a estratexia a seguir para o período 2016-2020. Entre esas actividades estaría a de promover a candidatura de Castro para que a súa figura e obra fosen recordadas nas Letras Galegas do 2017, ano no que se celebra o 50 aniversario da súa morte.
      Entre os elementos que a Fundación Plácido Castro farán valer na citada candidatura están o do seu importante labor como tradutor. A Fundación quere “dignificar” este labor do autor para instar a un maior coñecemento da súa figura entre a sociedade galega. Este órgano tamén destaca a potenciación do Premio de Tradución, a investigación en determinadas partes da súa vida ou novos modos de difusión da súa obra e pensamento, así como a conmemoración do 85 aniversario da participación de Plácido Castro no Congreso de Nacionalidades Europeas, en Berna en 1933. Neste encontro tamén se aprobou o orzamento total da Fundación.

Comentarios