Reguera destaca a “moi alta” taxa de empregabilidade dos obradoiros Forme en Vilagarcía

Reguera destaca a “moi alta” taxa de empregabilidade dos obradoiros Forme en Vilagarcía
Un momento da visita ao obradoiro de emprego I GONZALO SALGADO

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou a “moi alta” taxa de empregabilidade dos obradoiros Forme, que financia a Xunta de Galicia, durante unha visita que realizou aos que se levan a cabo en Vilagarcía. Estivo acompañado polo alcalde, Alberto Varela, así coma por outros cargos.
 

Na edición de 2024 estanse a formar vinte persoas desempregadas nas especialidades de carpintería e albanilería de madeira. Ten unha duración de nove meses e conta cun investimento da Xunta de preto de 412.000 euros. O alumnado recibe formación necesaria para poder desenvolverse nas súas respectivas áreas, ademais de contar con prácticas remuneradas durante toda a duración do curso.
 

As prácticas, destacan desde a administración autonómica, reverten ademais a favor dos concellos, xa que realizan traballos como creación de vestiarios ou restauración de bancos. Reguera desexou sorte aos alumnos e destacou o “gran traballo” dos docentes, asi como o “éxito que demostraron estes obradoiros en edicións pasadas”. O alcalde, Alberto Varela, destacou que “Vilagarcía pode presumir de ter menos paro que nunca, grazas, entre outras cousas, a este tipo de iniciativas, que contan cunha inserción moi alta e que sempre van estar apoiadas polo noso Concello”. 

Reguera destaca a “moi alta” taxa de empregabilidade dos obradoiros Forme en Vilagarcía

Te puede interesar