Reportaxe | A Ría de Arousa copa varias candidaturas para facerse cos ansiados Mestre Mateo

Reportaxe | A Ría de Arousa copa varias candidaturas para facerse cos ansiados Mestre Mateo

A paixón da sétima arte pola Ría de Arousa e pola comarca do Salnés está máis que constatada dende hai décadas. Non só por aqueles que fan da interpretación a súa profesión e a súa vida, senón por aqueles que crean e dan vida ás historias a través da pantalla. A Academia Galega do Audiovisual entregará o sábado os Mestre Mateo, un galardón que recoñece aos mellores do ano en diferentes categorías.
De Arousa serán tres os que se acheguen ata a gala do sábado para coñecer de primeira man se leva á casa o galardón. É moi posible que máis dunha das estatuiñas do Mestre Mateo leven este ano un nome con raíces arousáns.

Os candidatos
O certo é que algúns dos arousáns nominados aos Mestre Mateo non só optan a un galardón, senón a facerse con máis dunha estatuíña. É o caso do cambadés Juan Galiñanes. O polifacético arousán está nominado á Mellor Dirección por Serramoura; á Mellor Montaxe por Dhogs e ao Mellor Anuncio por Conserveiras do noso. Pola súa banda o vilagarcián Miguel Conde está nominado na categoría de Mellor Dirección, tamén pola serie Serramoura.
A presenza de arousáns non só se limita a aqueles que traballan por detrás dos focos, senón tamén os que o fan por diante. É o caso do humorista e actor vilagarcián Carlos Blanco, nominado na categoría da Mellor Interpretación Masculina de Reparto pola súa interpretación en Dhogs.

Nomes e escenarios
Arousa e O Salnés non só teñen presenza nos Mestre Mateo a través dos nomes, senón tamén a través dos seus escenarios. O vigués Álvaro Gago foi quen, coa súa obra Matria, de captar a esencia da Illa de Arousa, de Vilanova ou de Cambados narrando a vida das traballadoras da conserva. De feito, por precisamente Matria, vén de gañar o Gran Premio do Xurado no Festival de Sundance.
Será o sábado cando se coñecerán os gañadores nas diferentes categorías.

Reportaxe | A Ría de Arousa copa varias candidaturas para facerse cos ansiados Mestre Mateo

Te puede interesar