Revenidas pecha o cartel con Sés, Ortiga, Grande Amore e The Rapants

Revenidas pecha o cartel con Sés, Ortiga, Grande Amore e The Rapants
Sés actuará o domingo día 11 de setembro nun concerto gratuíto en Revenidas | gonzalo salgado

O Revenidas acaba de anunciar os artistas e grupos que pechan un festival que se converterá en setembro na gran celebración da música galega. Trece dos catorce nomes que se incorporan ao cartel final son galegos e a eles hai que sumar os portugueses Plectro, gañadores da última edición do certame Xenerasón Rock.


Así pois aos nomes xa coñecidos que recalarán en Vilaxoán como son os de Tanxugueiras, La Pegatina ou Baiuca súmanse agora os de nomes consagrados como é Sés, así como outros que están sendo referencia entre os seguidores da música galega como son Ortiga, Grande Amore, Caamaño & Ameixeiras ou Monoulius Dop. No cartel tamén se incorporan nomes de formacións emerxentes, pero que están petando forte, como The Rapants, Copa Turbo e Doen.


Despois de dúas edicións sen sardiñada popular debido á pandemia o festival de Vilaxoán recupera este evento tan destacado para o domingo día 11 de setembro. Será unha xornada con actividades todas de balde e con actuacións non só musicais (con Sés, Ortiga, Caamaño & Ameixeiras ou Os Terribles de Arousa e Louband). Tamén haberá circo e actuacións teatrais. A gala do circo servirá para celebrar os 20 anos en escena de Peter Punk. Para iso o coñecido pallaso contará coa presenza de convidados como Kaldi, Pajarito, Cou, Dakidarría, Leo Arremecaghoná ou Brais das Hortas entre outros.


Por días

O festival vilaxoanés arranca o mércores día 7 coa gran festa que ten preparada Boyanka Kostova e na que estarán Pili Pampín, Grande Amore, Diso Ke Te Crew e Mundo Prestigio. Será o día no que tamén se poderá gozar con Sinner, Kris K Dj e La Yaya DJ. O xoves día 8 é a quenda de La Pegatina, Boikot, Gatibu, Suu, Copa Turbo, Ketekalles, Lamontagne & Picoamperio e La Duendeneta.


O festival continúa o venres día 9 coas actuacións de SFDK, Lendakaris Muertos, Talco Moscow Death Brigade, SonDaRúa, Bratzantifa, Grande Amor e de novo La Duendeneta. O sábado o festival comezará ás dez da mañá e as actuacións previstas son a de Tanxugueiras, Baiuca, Dakidarría, Zoo, Dubioza Kolektiv, A Banda da Loba, Ladilla Rusa, Doen, Monoulius Dop, Plecto e La Duendeneta. O domingo será a gran sardiñada cos artistas xa anunciados.


Nos vindeiros días a organización ten previsto dar a coñecer aos artistas que actuarán nos concertos a bordo, así como o resto de actividades paralelas que conforman a programación do festival. As entradas por día ou os abonos están á venda na web do certame vilaxoanés.

Revenidas pecha o cartel con Sés, Ortiga, Grande Amore e The Rapants

Te puede interesar