Rosalía de Castro e Lorca daranse a man nas Letras Galegas de Vilagarcía

Rosalía de Castro e Lorca daranse a man nas Letras Galegas de Vilagarcía
Concerto anterior en Cambados de Uxía, que o 17 de maio estará en Vilagarcía xunto a Javier Ruibal

O Concello de Vilagarcía celebrará este ano o Día das letras Galegas co espectáculo “Da túa casa á miña”, na que dous artistas de longa traxectoria, como a galega Uxía e o andaluz Javier Ruibal, farán un retrato sonoro de dous poetas universais: Rosalía de Castro e Federico García Lorca.


Será o martes 17 de maio no Auditorio Municipal, a partir das sete e media da tarde e con carácter gratuito, ata completar aforo. O recital, que dende Ravella sinalan como “un dos grandes acontecementos culturais de Galicia neste ano”, será posible gracias ao convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Vilagarcía, a través do Plan Musical.


“Da túa casa á miña” é unha proposta musical na que Uxía e Ruibal levan ao espectador, a través de novas melodías, a coñecer máis a fondo a súa obra de Rosalía e Lorca. Os asistentes tamén poderán descubrir a profunda admiración que o poeta granadino tiña pola escritora de Padrón, nesa unión norte-sur presente na súa poesía.


No caso de Lorca, dita admiración tería a súa culminación ao escribir “seis poemas galegos”. Editados no ano 1935, inclúen un canto de berce en que, ante a súa sepultura, o poeta incita a Rosalía a se erguer.


Unha traxectoria conxunta

Tanto Uxía coma Javier Ruibal teñen unha ampla experiencia musicando poetas. Este traballo é un paso máis nunha historia de amizada e complicidade que quere seguir o camiño iniciado por “Lorca de Granado a Santiago”, señando a irmandade norte-sur e a proximidade de espírito e de ideais. “Poñer no centro o que nos une e non o que nos separa, tender pontes da túa casa á miña, sobre os versos e a alma de dúas figuras universais”, explican desde o Concello de Vilagarcía, que organiza o evento.

Rosalía de Castro e Lorca daranse a man nas Letras Galegas de Vilagarcía

Te puede interesar