Sentida homenaxe a “Pepiño el del Estanco”, o párroco galeguista de Carril nas súas “Vodas de Ouro”

Sentida homenaxe a “Pepiño el del Estanco”, o párroco galeguista de Carril nas súas “Vodas de Ouro”
A homenaxe tivo lugar onte en Carril | gonzalo salgado

O pobo de Carril volcouse onte nunha sentida homenaxe a José Fernández Lago, coñecido por todos como “Pepiño el del Estanco”. El cumpre agora 50 anos como párroco e as súas “Vodas de Ouro” foron conmemoradas nunha misa e nun posterior pincho nas dependencias do Gato Negro.
A José Fernández coñéceselle polo seu labor sacerdotal pegado á xente e por unha defensa a ultranza da lingua galega. El, recordan os que o coñecen dende sempre, apuntaba que “Deus tamén fala galego” e colaborou en tarefas de coordinación na tradución da Biblia á lingua de Castelao.
O aforo da igrexa de Carril quedouse pequeno para unha homenaxe sentida na que o párroco se sentiu querido polos seus amigos e veciños.

Sentida homenaxe a “Pepiño el del Estanco”, o párroco galeguista de Carril nas súas “Vodas de Ouro”

Te puede interesar