A tradición oral e os cancioneiros populares chegan a preto dun centenar de alumnos de Carril e O Cotarelo

A tradición oral e os cancioneiros populares chegan a preto dun centenar de alumnos de Carril e O Cotarelo
Obradoiro no Cotarelo I GONZALO SALGADO

Preto dun centenar de alumnos participaron no obradoiro sobre tradición oral e cancioneiros populares que inaugurou a programación especial do Díad as Letras Galegas. A primeira sesión foi en Carril e a segunda no Armando Cotarelo. 

 

O taller foi impartido por Gustavo Couto, mestre de baile tradicional. O punto de partida foi o papel das mulleres homenaxeadas este ano. Para pólas en valor, realizouse unha charla e un concerto didáctivo, analizando as coplas e facendo unha reflexión desde o punto de vista do tratamento de xénero.

 

"Trátase dunha proposta moi interesante para dar a coñecer o talento das cantareiras e o valor das sdúas creacións entre os máis novos", apuntou a concelleira de Cultura, Sonia Outón. Posteriormente, o alumnado tivo tempo para crear e poñer en común as súas propoias coplas, que serán presentadas publicamente durante o Festival Escolar das Letras, o 16 de maio no Auditorio.

A tradición oral e os cancioneiros populares chegan a preto dun centenar de alumnos de Carril e O Cotarelo

Te puede interesar