O Valdés Bermejo convírtese no escenario perfecto para unha romaría cargada de folk

O Valdés Bermejo convírtese no escenario perfecto para unha romaría cargada de folk

O Folk no Alobre chegou un ano máis para converter o desaproveitado Valdés Bermejo nun rebumbio de música, cultura e tradición. É a terceira edición da romaxe urbana, pero xa é unha cita imprescindible para o final do verán vilagarcián.


Cada ano, o evento renóvase e énchese de contido. Para esta edición, a organización deu a posibilidade de gozar dun xantar en compañía de dúas maneiras: Ou ben levando a comida da casa ou ben coas barras alí dispostas.


Non faltou pois con que encher o estómago, pero tampouco música para o espírito. Delo se encargaron agrupacións emblemáticas como Os Terribles de Arousa, Donicelas Folk Tradicional, Xistra da Coruxo ou Fiandola, que protagonizaron os concertos que comezaron ás seis e media da tarde..


Pero a actividade comezou moito antes, desde pola mañá, con sesión vermú a cargo de Cé orquestra pantasma, roteiros, obradoiros de baile galego e a presentación do libro bailegramas de Sergio Cobos.

Todo un evento para pasalo en grande con familia, amigos ou incluso acudir so e empaparse do ambiente. Os operarios municipais prepararon a zona durante os días previos para que non faltase de nada e á cita acudiron representantes do goberno, como Sonia Outón, concelleira de Cultura, departamento que financia o evento.

Folk no Alobre está organizado pola asociación Pés de Barro e ten como obxectivo a difusión da cultura tradicional pero tamén a posta en valor dun espazo cheo de historia como é o Valdés Bermejo, conxunto botánico e patrimonial presidido polo Castro de Alobre, o xacemento que deu orixe á poboación de Vilagarcía. Son moitos os ingredientes que converten a esta cita cultural nun dos eventos fixos da axenda cultural en Vilagarcía.

O Valdés Bermejo convírtese no escenario perfecto para unha romaría cargada de folk

Te puede interesar