Varela reunirase co presidente de Renfe o día 26 para abordar as paradas de Alta Velocidade en Vilagarcía

Varela reunirase co presidente de Renfe o día 26 para abordar as paradas de Alta Velocidade en Vilagarcía
Un tren na estación de Vilagarcía I GONZALO SALGADO

O alcalde, Alberto Varela, reunirase o 26 de maio en Madrid co presidente de Renfe, Álvaro Fernández, para coñecer os pretendidos cambios de conexións de Galicia coa capital de España e reclamar que a cidade manteña o tren de primeira hora da mañá. Neste sentido, o goberno local reclama da oposición, e especialmente do Partido Popular, “un pouco de seriedade e responsabilidade”. 

 

Tras denunciar Esquerda Unida que Vilagarcía perderá o tren a Madrid de primeira hora, o Partido Popular e o Bloque Nacionalista Galego saíron a criticar a actuación dos socialistas. “É un novo desprezo do goberno de Pedro Sánchez a Vilagarcía”, sinalan desde o PP, que o ven como un “fracaso” do executivo de Varela e anuncian que o deputado Juan Andrés Bayón presentará unha pregunta oral no Congreso dos Deputados. Tamén o fará o BNG, a través do seu representante Néstor Rego. Os nacionalistas sinalan como “decepcionante o proceder do goberno local” e acusan aos de Varela de darlle “máis importancia” a unha “foto que ao resultado”. 
 

O rexedor responde que cando se conseguiu a parada, a oposición non recoñeceu que foese polas súas xestións, pero agora que se pode perder unha conexión “a culpa volve a ser do alcalde”. 

Varela reunirase co presidente de Renfe o día 26 para abordar as paradas de Alta Velocidade en Vilagarcía

Te puede interesar