Un verso solto no deserto...

anxenxo está empeñada en protagonizar un novo capítulo na historia do municipalismo na comarca do Salnés. Despois do cambio de parellas protagonizado por SAL e o Partido Popular de Telmo Martín, que rematou co cuatripatito reconvertido en tripartito, agora tócalle o turno a Coral González-Haba que decidiu rachar co seu anonimato e protagonizar unha declaración de principios que a levan a abandoar ao Partido Socialista para pasarse aos non adscritos.
Esta decisión, feita pública no transcurso do último pleno, evidencia que a oito meses para os novos comicios municipais o PSdeG-PSOE en Sanxenxo vese protagonista dun novo “affaire” no que queda ben ás claras que a maioría absoluta conseguida no ano 1995 con José Luis Rodríguez (aínda que con graves problemas internos con tres concelleiros díscolos) forma parte dunha lembranza que xa so recordan os máis vellos do lugar e parece que así será durante un bo tempo.
A escusa dada por Coral González-Haba da división interna existente na agrupación sanxenxina (mal común en prácticamente toda a provincia) non é suficiente para explicar os malos presaxios electorais que se ciernen sobre a formación do puño e a rosa en Sanxenxo. Estes máis de tres anos de representación política de Coral Gonzalez-Haba non foron precisamente para botar cohetes e menos aínda para garantir un “subidón” que aproveite o repunte demoscópico que nos últimos meses está a provocar, segundo o novo CIS, Pedro Sánchez e a súa moción de censura.
Lonxe de ser esta presencia municipal socialista unha representación “coral”, a concelleira sempre se queixou de ter que estar de “solista” predicando no deserto e sen ningún apoio práctico da agrupación local, aguantando contra vento e marea os envites e “convites” dos emisarios próximos aos intereses de Telmo Martín coa intención de mermar unha inquebrantable lealdade pola que ninguén daba un peso, pero que ao fin e ao postre mantívose ata o final provocando que se tivera que rachar a baralla por onde menos, a priori, parecía; e dicir, por SAL e o propio alcalde Gonzalo Pita.
Agora, xa liberada de calquera sospeita de traizón ou de achegamento a Telmo Martín (xa  non lle fai falla), Coral González-Haba dá o paso definitivo ao grupo dos non adscritos deixando nunha nova situación de desasosiego á agrupación socialista que, coma sempre, navega entre dous timoneis: Os afín ás teses de Gonzalo Caballero e aos do seu tío, o Sr. das Luces e as sombras en Vigo, ou non?

Un verso solto no deserto...

Te puede interesar