Sábado 17.11.2018

A Galicia dos desexos e a realidade…

cabamos de celebrar o Día de Galicia ou o Día da Patria Galega

cabamos de celebrar o Día de Galicia ou o Día da Patria Galega de diferentes formas e xeitos: Uns desde posicións institucionais, outros desde as reivindicativas con manifestacións na rúa, outros con ofrendas florais e os hai que tamén o fan a través de romarías populares, xantares ou aproveitamento do tempo de lecer, pero todos coa idea posta en Galicia.
Falaba o presidente da Xunta nun artigo institucional feito público onte que Galicia está no mellor momento da súa historia desde o punto de vista democrático, de autogoberno e que dispón das ferramentas precisas para logra-lo progreso social das súas xentes.
Non dubido de que esto sexa así e de seguro que así será. Nunca peor que hoxe, como din os vellos da miña aldea. Pero realmente o cidadán de a pé, que loita por saír adiante da máis dura crise económica dos últimos tempos, pode respirar con tranquilidade? Eu sinceiramente penso que non. Que todavía queda moito por facer para chegarmos ao nivel do ano 2008, previo ao estourido da burbulla inmobiliaria e do sistema bancario imperante que acarreu uns axustes que se prolongan por espazo dunha década e que, tras de si, deixan todavía moitos danos colaterais e feridas sociais que están aínda sen cicatrizar.
Ten razón o presidente cando fala de que os galegos somos amigos do trato e da transación, pero gústanos facelo desde aquel vello dito que reza: “A vaquiña polo que vale” e non sei si estaremos dando cumprimento a este acto de xustiza co nivel de emprego, a calidade do mesmo e o poder adquisitivo dos salarios que veñen cobrando os traballadores, tanto os de nova incorporación ao mundo laboral como os “veteranos”, os cales si non tiveron que conxelar durante esta década os seus emolumentos, seguro que sofriron algunha que outra rebaixa.
Estou dacordo nos desexos expostos polo presidente de Galicia, pero espero que faga todo o posible para convertelos en realidade na presente lexislatura que, segundo dixo cando se presentou, sería a derradeira e tería un marcado sesgo social. 
Confío na palabra do presidente igual que os milleiros de persoas que depositaron nel a súa confianza polo ben da Galicia que todos queremos, honramos e respectamos, pero non se pode construir un país sin garantir a dignidade da xente e un pobo non se identifica cunha imaxe que non lle gusta polo que para que os desexos se convirtan en realidade teremos que botar todos unha man e as dúas quen ten responsabilidades de goberno, ou non?
 

A Galicia dos desexos e a realidade…
Comentarios