LOUZÁN, UN ANTES E UN DESPOIS DO SALNÉS NA DEPUTACIÓN

Rafael Louzán Abal decidiu deixar a Deputación Provincial de Pontevedra despois de exercer como presidente desta institución desde hai máis dunha década, tempo suficiente para mudar por completo a imaxe e o funcionamento dun ente que moitos cuestionan e que outros lle recoñecen un papel fundamental no dinamismo e auxilio dos pequenos e medianos concellos. Coa demisión de Louzán, da súa acta de deputado, péchase un periodo nun organismo que, independentemente de calquera posicionamento político ou persoal sobre o tema, hai que recoñcer que sufriu unha transformación metamorfósica mutando un organismo anquilosado, prácticamente un retiro para vellas glorias do municipalismo provincial, para convertilo nunha nova entidade con vida propia e capaz de revitalizar por completo todas e cada unha das estruturas anquilosadas que o conformaban. Ninguén dubida de que para a comarca de O Salnés o paso de Rafael Louzán polo organismo provincial vai supoñer un antes e un despois (non me atrevo a extendelo ao conxunto de toda a provincia, pero creo que si miramos ben o fenómeno é extrapolable) non só desde o punto de vista de infraestruturas, construción de campos de herva artificial, dotacións, programas pioneiros de emprego, apoio aos asociacionismo, etc. senón tamén no que ao respecto dunha sensibilidade especial con colectivos e asociacións de carácter social ou deportivo (que, agardemos que siga sendo así), e que gozan, desde hai algún tempo, dun apoio institucional do que antes da chegada de Louzán carecían e sufrían. Desde o punto de vista persoal, a cercanía de Louzán á xente, aos colectivos sociais, o seu efecto multiplicador para estar en todos e cada un dos lugares onde era convidado (ás veces ao mesmo tempo) dan boa conta do traballo e o esforzo individual por dar resposta a todos e cada un dos compromisos adquiridos con aquelas persoas que adican gran parte do seu tempo libre a poñelo, altruistamente, ao servizo dos demais como os clubes deportivos, as entidades culturais e, sobre todo, as sociais ás que Louzán tiña un especial aprezo e vencellamento (non nomearei a ningunha para evitar esquecementos ou, o que pode ser máis grave, estigmatizacións…) A súa influencia levou a que a comarca do Salnés, concellos como Sanxenxo, Cambados ou Ribadumia tiveran resonancia propia na política galega e estatal sendo lugares que aumentaron, a xeito de altofalante, a súa fama turística, enolóxica, gastronómica, etc. Agora péchase unha etapa e, como todas, estará marcada por moitos claro-oscuros, controversias, defensores e detractores que, como dixo no seu día outro personaxe situado nas antípodas ideolóxicas do político de Ribadumia, pero tamén con profundas raíces galegas, verase na tesitura de pensar: “A historia absolverame”, ou non….

LOUZÁN, UN ANTES E UN DESPOIS DO SALNÉS NA DEPUTACIÓN

Te puede interesar