Pasamos dos superheroes aos heroes do súper

Achegada da pandemia do Coronavirus vainos facer cambiar a percepción que tiñamos sobre moitas cousas e conceptos. Así, os que medramos seguindo a estela dos superheroes de Marvel tiñamos depositados neses seres portentosos todo tipo de virtudes e modelos de valentía. A medida que vai avanzando a nosa vida e nos imos facendo maiores, os conceptos van mudando e a percepción das cousas tamén. Pasamos de ver ao Capitán América como un heroe reverenciable a fixarnos máis na valentía e no coraxe das nais que se enfrontaron aos capos da droga nos anos 90. Deixamos atrás modelos de empoderamento feminino como podería ser Catwoman para reivindicar a figura das primeiras mulleres que colleron un taxi, que conduciron un autobús ou que se incorporaron aos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado.

Agora pásanos o mesmo co Coronavirus. Ademais de reivindicar e agradecer a membros de Protección Civil, personal sanitario e auxiliares dos centros médicos e hospitalarios ou aos compoñentes dos sistemas de emerxencias do país, vemos con orgullo o sentir da responsabilidade e do compromiso co ser humano de humildes empregados e traballadoras dos supermercados ou dos servizos de limpeza que ocupan un lugar destacado na primeira liña de choque frontal contra a pandemia que ameaza con atacar a aquelas persoas máis vulnerables e inmunodeprimidas.

A presenza nos seus postos de traballos de caixeirao/as, froiteiros/as, carniceiros/as, repoñedores/as, transportistas, fontaneiros/as, electricistas, etc. como garantes da normalidade e auténticos heroes de proximidade énchenos de orgullo non só como país senón como seres humanos da capacidade que temos para antepoñer o deber e a responsabilidade ao desexo primitivo e lexítimo de velar polos intereses persoais e individuais. Estas persoas están dando unha auténtica lección a todo un país sen que se lle teña recoñecido suficientemente nin desde os medios de comunicación nin desde as propias instancias gubernamentais do noso país, centrando (sen de mérito, por certo) os seus eloxios no persoal de emerxencias, hospitalario, etc. pero esquecéndose moitas veces daquelas persoas que están ao pé do canón garantindo o abastecemento de servizos e alimentos de primeira necesidade que, doutro xeito, contribuirían a un auténtico caos.

Cando unha sociedade sexa quen de recoñecer a importancia das pequenas cousas e dos eslavóns máis fleves da cadea será cando a auténtica igualdade e o progreso social estarán máis preto de ser unha auténtica realidade e unha cuestión de xustiza, ou non?

Pasamos dos superheroes aos heroes do súper

Te puede interesar