A propiedade transitiva PP-PSOE

A escasos días para que remate o mes de agosto e tendo moi preto o comezo do novo curso escolar non é estrano que os pais comecemos a pensar no que suporá a volta ao cole, non só en cuestións educativas para os nosos fillos senón tamén organizativa familiar e económica pola nova compra de material escolar.
Estando eu derretido sobre unha tumbona e baixo un carballo, tentando atopar unha sombra, combinada cunha feble brisa estival para mitigar os calores do verán, véuseme á cabeza cando estudiaba Maxisterio e tiña que sufrir as explicación dun mestre, novo por certo, que desesperado tentaba facernos entender a utilidade das propiedades dos conxuntos a un numeroso grupo de alumnos que tiñamos ás Matemáticas máis como un castigo que como asignatura obrigatoria de primeiro de carreira.
O home alternaba os seus coñecementos sobre a materia con exemplos que nos puderan ser de utilidade para comprender mellor as súas explicacións. Recurría sempre que podía á lóxica, entendida desde un punto de vista clásico e tendo a Aristóteles como principal guía introdutorio das súas ensinanzas.
Dicía o noso profesor: “Si A ten unha relación binaria con B e a súa vez B a ten con C podemos extrapolar que A e C teñen unha relación transitiva”. Daquela esto sonábanos a chino mandarín e, para o gracioso da clase, esta explicación sempre lle servíalle de pé para dicir aquelo de que “mentras esa relación binaria non sexa venérea todo vai ben…”
O profesor obviaba o chascarrillo e matábase en explicar, con paciencia, o seguinte siloxismo: “Si A é igual a B e B é igual a C podemos establecer que A é igual a C”.
Como un dos moitos pecados de xuventude ningún de nós prestaba excesiva atención ás ensinanzas daquel profesor pensando que pouca o nula aplicación tería a “propiedade transitiva” na vida cotiá ou no practicismo no que se viña, e se ven, movendo o mundo.
Pero mira ti que, pasado o tempo, a todo se lle saca rendemento. Así o outro día, abucharado polos calores do verán e adormecido polas noticias do Telexornal, soñei con aquel profesor e a propiedade transitiva e de súpeto desperteime pensando que si o PSOE pudo pactar unha investidura con Cidadáns e agora Cidadáns chega a un entendemento co Partido Popular, na práctica, o acordo político resultante tería a propiedade transitiva que permitiría establecer unha relación entre o programa de goberno do PSOE e do PP, ou non?
 

A propiedade transitiva PP-PSOE

Te puede interesar