• Domingo, 23 de Septiembre de 2018

Vilagarcía, pan e... auga

ando Galicia é un fervedoiro de festa continua nun mes de agosto

ando Galicia é un fervedoiro de festa continua nun mes de agosto especialmente propicio para o disfrute do tempo de lecer, con sol e non moi altas temperaturas, Arousa chega ao cénit das súas celebracións tendo á Festa da Auga de Vilagarcía como referencia especial non só a nivel galego senón estatal.
A promoción dos nosos produtos de calidade, tanto do mar como da terra, acada coa presenza de turistas e visitantes un nivel extraordinario como demostrou a Festa do Albariño e en breve a propia Festa da Ameixa de Carril que, pese aos atrancos propios do politiqueo local, ten unhas espectativas moi altas tanto de participación como de éxito gastronómico. Está claro que en Arousa non so de pan vive o home e a muller e, si che van os ditos si queres aplicar aquel que reza: “Contigo pan e cebola”, tamén tes en Sanxenxo un lugar idóneo para cumprir co recado.
Pero hoxe o turno é para a auga, non precisamente para beber, pero si para degustar dun xeito particular, a través da diversión, da absorción por vía cutánea que fai que esta festa agrome para sempre entre aquelas persoas que participen dela dun modo activo, pero tamén responsable.
Quero rachar hoxe aquí unha lanza a prol da Festa da Auga, reivindicando o seu papel como dinamizadora da actividade económica e do disfrute popular das xentes de Arousa, comezando polas de Vilagarcía, pero facéndoa extensible a tódolos veciños e veciñas das comarcas do Salnés, O Barbanza e Ulla-Umia. Aquí todo o mundo fúndese nun abrazo colectivo empapado na diversión e mergullado no sentido do humor de todos e todas.
Fora deste espírito queda, ao meu xuizo, aquelas persoas que, a noite anterior nun afán por esgotar tódalas existencias da cidade en materia de bebidas espirituosas, chegan nun estado tan lamentable ao día seguinte que acaba por confundir o touciño coa velocidade dando lugar a unha imaxe penosa da nosa cidade e, en moitos casos, un pobre espectáculo da condición humana.
Disfrutemos todos das Festas de San Roque, con can ou sin el, con rabo ou rabelo, e sobre todo da Festa da Auga facendo gala do respecto polas tradicións e as persoas, sabendo quen está de xoldra e quen non obedecendo as normas que rixen as zonas humidas e as secas para que todos vivamos con ledicia e diversión uns momentos inesquecibles. Así que disfrutemos con razón da Festa da Auga, ou non?