Volven os Sans-Culottes

Os galegos non nos caracterizamos por amosar a nosa admiración por outros pobos. Os minusvaloramos ou nos sometemos ata certo punto a eles utilizándoos como espello no que mirarnos dun xeito alienante. Estamos a ver nestes días como Francia volve a chamar a nosa atención sobre o comportamento revolucionario das súas xentes. Si a finais do século XIX os galos provocaban o afundimento do Antigo Réxime, nos anos 60 o Maio Francés protagonizou en Europa un aire novo de renovación democrática que pouco tempo durou.Teño que confesar que a min o “chauvinismo franchute” non me cae nada ben, sobre todo cando lles leva a confundir o touciño coa velocidade e lle fan pagar a pobres transportistas e produtores de hortalizas o pato, queimando ou envorcando a carga dos seus camións. 
Aínda así, de mozo, cando estudiei a Revolución Francesa descubrín uns personaxes que, pese a ser un pouco arroutados, levantaban en min certa simpatía. Era os alcumados os “Sans-Culottes”, pertencentes ao máis baixo do Terceiro Estado. 
Formaban parte da gran masa que daba forma ao exército revolucionario e destacáronse pola súa valentía e bravura na toma da Bastilla (1789) e no asalto ás Tullerías (1792). Ao contrario que outros destacamentos da Revolución, éstes non se organizaban a través dun partido propio, como os “xirondinos” ou os “xacobinos” senón que eran militantes radicais da clase baixa, traballadores, asalariados, xente común que encarnaban perfectamente aos “cabreados” polas humillacións, aos “indignados” do momento. Eles, co seu ímpetu, non tiveron piedade de Luis XVI e foron os que se encargaron de que a condena capital á que fora condeado o monarca se aplicara sen miramentos nin posibilidade de amnistía o condonación. Os “Sans-Culottes”, os “sin calzóns”, que é como se traduce este alcume, volvéronme de novo á memoria cando vin trepando pola verxa aos directivos de Air France. 
Os traxeados fuxían, case en cirolas, dos traballadores enfurecidos tras comunicarlles, “a porta gaiola”, que a compañía gala de bandeira ía reducir entre 2.500 e 3.000 traballadores dun plumazo. 
Así, ao vivo, sen anestesia, nin mesura. Como somos europeos, racionais e con sentido da competitividade e das regras do mercado estes, que quedaron cos calzóns ao aire, pensaron que poderían saír de rositas ante a muchedumbre. Error. Aquí os Sans-Culottes radicais non foron os traballadores se non os directivos, os que quedaron sen calzóns, ou non?

Volven os Sans-Culottes

Te puede interesar