Os Durán, duran

No Salnés, o Partido Popular parece resignarse aos Durán de Vilanova.
De momento non parece que ningunha voz autorizada no Partido diga nada. En cambio desde Vilanova todo parece ser un pulso a todos, sobre todo contra os compañeiros de partido, non se sabe si é polo "caso de Meaño", ou polo caso de portos de Galicia. Pero o caso é, que "hai caso no Partido Popular do Salnés".
Este fin de semana pasado, anonadados quedamos moitos, cando vimos nombrados a o mexillón de ouro ao alcalde de Ribadumia, e o exalcalde de Sanxenxo Gonzalo Pita.
Non hai nada que decir de estos políticos independentes, un en activo, e ganador indiscutible no seu pobo, e o segundo xa retirado da vida política. Claros valedores ámbolos dous de Gonzalo Durán na Mancomunidade.
Non sei cómo se dan eses premios... nin que xurado os evalúa... Tampouco son quen pra xuzgar, nin dubido do traballo feito na ruta do Padre Sarmiento.
Pero o que sí me pregunto, e sí o PP de Ribadumia, estará conforme con esa designación?, flaco favor dun "compañeiro" de partido . Xa non digo nada sobre Sanxenxo, pois ahí supoño que o PP capitaneado por Telmo Martin, lle suda o que digan en Vilanova. Con todo eso, boto de menos voces autorizadas no PP provincial e comarcal, ante esta inverosímil situación.
O Sr de Vilanova, quere extender os seus dominios a todo Salnés, insulta, menosprecia, tensa tanto a corda, que alguén debe pararlle os pés.
Nestes momentos eu podo falar como votante do PP, e sobre todo , manifesto todo meu apoyo as decisións tomadas polo PP de Meaño, capitaneado po lo alcalde Carlos Viéitez, que amosa capacidade de negociación para manter unha alcaldía, e que os intereses dos veciños estan por encima dos partidos, e dos intereses personales de cada un.
Hoxe máis que nunca necesitamos acordos co as personas, con partidos, con ideoloxias distintas, etc. Así podemos te la capacidade de representación hacia todos, veciños, empresas, e todos os entes socioeconómicos da nosa comarca.
Creo que o Partido Popular, non pode perder esta ocasión, posicionándose ao lado do pobo, a favor dos acordos, do consenso, pero encontra da confrontación veciñal, e da crispación política e social.
Temos unhas eleccións autonómicas a volta, e non creo que posturas como a de Gonzalo Durán lle veña ben a nadie.
Alberto Núñez Feijóo, pídolle que lea entre líneas, mire o que está a pasar o seu arredor, e un pouquiño máis lonxe tamén, a ver si chega a O Salnés, espero que en outras partes de Galicia non este a pasar o mesmo.
Sei de primeira man que esta crítica non a van a entender moitos, pero é unha crítica constructiva, así que poñanse a traballar no asunto.

María Victoria Sineiro Iglesias

 

Os Durán, duran

Te puede interesar