Os drones, ás bateas e un robot para facerme os recados

MOITO LLE GUSTA A GONZALO DURÁN a robótica. Onte presentou os drones eses que serven para ir ás bateas sumerxidos pola Ría. Dixéronme que disfrutou coma un anano. A verdade é que Vilanova é un sitio que coida estas cousas. Como o da Internet esa. No verán, meus netos sempre queren ir as praias das Sinas ou do Terrón porque din que teñen wiffi gratis. Entre chapuzón e chapuzón collen o teléfono a aquelan eles coas súas cousas. Eu de novas tecnoloxías, pouco. Regaláronme unha televisión desas modernas, e aínda non sei como funciona. Nin quero aprender. Total, para mirar o telexornal e o Luar o venres... Un robot era o que necesitaba para que me fóra aos recados, que con estas temperaturas calquera sae da casiña. Outra vez coa calefacción posta a gastar os cartos. Menos mal que empezou a primavera o luns, con este tempo calquera o diría. 

Os drones, ás bateas e un robot para facerme os recados

Te puede interesar