A onde lle gusta ir á xente

MENUDO CHEO ONTE na Praza de Galicia para ver o acendido das luses de Nadal. A jripe esta non me deixou de todo aínda, pero era unha sita á que non podía faltar. Alí estaba eu e sentos de persoas máis, mimadriña! Así da justo. A prasa esta éche ben séntrica, eu por min xa podían volver poñer alí a toma das uvas antisipadas, tan vilajarsiana. E máis ajora que disque queren peatonalisar toda a sona. Ben, pois acabou ben o día onte. E iso que pola mañá quedei un pouco alusinada cunha historia que me contaron... de médicos e de unha hora de espera, pero por unha ves non foi na sejuridad sosial. Parese ser que na privada tamén che hai de todo. De médicos ijual acaba tamén algún vesiño de Vilanova, que me dixeron que o Concello xa puxo a música de Navidá outra ves a todo trapo desde o Consistorio. O malo é que a aljún quéimalle a cabesa tanto villansico. Pero disque xa ían tomar nota para ampliar a selección. Ajora que todo vai por wifi desa e en Vilanova sonche tanto de tecnoloxía aínda lle van poñer un blutus dese ao altavos para que cada vesiño pinche a música que queira desde o móbil, xa veredes.

A onde lle gusta ir á xente

Te puede interesar