• Martes, 25 de Septiembre de 2018

Das puras contradicións

Somos a quintaesencia das actitudes erráticas. Entendemos de buracos negros e non sabemos escoitar e poñernos nos zapatos de quen temos ao lado. Vivimos nun mundo contraditorio. Un mundo onde a xustificación dun roto, serve para un descosido. 

Somos a quintaesencia das actitudes erráticas. Entendemos de buracos negros e non sabemos escoitar e poñernos nos zapatos de quen temos ao lado. Vivimos nun mundo contraditorio. Un mundo onde a xustificación dun roto, serve para un descosido. 
Asistimos a cerimonias da confusión de cousas ou situacións, manipuladas artificialmente co obxectivo claro de conseguir tal ou cal vantaxe. Vestindo cunhas gotas de Chanel nº 5 calquera mentira podre, para a inmensa maioría pasará o filtro que separa o verdadeiro do falso. Son as famosas fake news. 
Hai unha tendencia a crer que se algo sae nun periódico ou nunha televisión, é verdade de cabo a rabo. E ata a información está adulterada e convenientemente manipulada con edulcorantes de laboratorio para espertar fondas emocións. 
Pero tamén a realidade choca moitas veces coa ficción. Israel gaña Eurovisión cun tema que fala de comprensión e denuncia de abusos e bulling. 
E esa mesma sociedade, hipersensibilizada con certos temas, non ve a viga no ollo propio, coas masacres á poboación palestina na franxa de Gaza. Semella que aplican aquilo de que a vida é a loita pola supervivencia (só a deles) sen ningún tipo de filtro moderador. 
As matanzas de mozos nos Institutos americanos, é a evidencia do fracaso da política do libre acceso ás armas. Pero eles só ven un problema nos inmigrantes. 
Outros acceden a gobernos prometendo en insistir en máis do mesmo, e en cambio esíxenlle diálogo, con palabras grosas, á parte contratante da primeira parte. Hai situacións que ninguén sabe como rematarán, pero dende logo ben non empezan. 
Non teño máis medida que sentirte –díxolle El– para pintar o asombro de mirarte, estreando sentidos novos cada día. Descubrirte, ese é o ceo  que nos tiñan prometido...