Farjas e Mosquera

Asaída do goberno da Xunta de Rocío Mosquera era algo máis que cantado, e mantela no seu posto simplemente sería por aquilo de non dar o brazo a romper. A sanidade sempre é algo moi sensible e non se pode ter a todos os usuarios do Sergas descontentos. A verdade é que a parte máis dura xa a realizara Pilar Farjas, cando houbo que aplicar os recortes por primeira vez, cando os nosos maiores comezaron a copagar os medicamentos e cando todo foron cambios en contra dos doentes. 
Pero a Mosquera xa lle tocou a parte máis levadeira da lexislatura, incluso inaugurou un centro sanitario. Quen recorda xa outra inauguración dun hospital? Todo parece que a exconselleira tiña querencia polos problemas. As noticias sobre o seu marido, os expedientes perdidos, as camas pechadas sen dar explicacións que convencesen a ninguén... foron moitas as complicacións que xerou, aínda que hai que supoñer que non só ela. Esperemos que a nosa sanidade funcione con normalidade, porque desde aquel conselleiro Montero, sempre houbo complicacións.

Farjas e Mosquera

Te puede interesar