De victorias e derrotas

scribiu Saramago que “a derrota ten algo positivo: nunca é definitiva; mentras que a victoria ten algo de negativo: nunca é definitiva”. Sirva esta cita para concluír que as victorias e derrotas son, por definición, pasaxeiras, e por tanto toda reflexión sobre elas é susceptible de volverse en contra. A pesares disto, sería hipócrita non asumir que os resultados electorais do pasado domingo deixaron un poso de fonda satisfacción nos que pertencemos a unha familia política como a socialista.
Arousa deu un resultado esperanzador. Podería escribir un agradecemento a quenes confiaron nos socialistas nestas eleccións, pero non sería de todo xusto pois eu non me presentaba directamente ás eleccións, así que máis ben darei os parabéns a quenes si o fixeron. Indudablemente os resultados tamén se traducen en nomes propios, pero tampouco é isto un listín telefónico.
Os cidadáns están facendo que a realidade cambie. Nalgúns lugares, como a nosa comarca de Arousa, ese camiño estaba xa iniciado hai tempo e agora se continúa. Noutros arrancan nestes tempos. Sexa como fora, benvidos sexan os aires de progreso, e aplaudidos sexan os cambios para ben. 
Agardo que poidamos aprender que as campañas embarradas non valen xa, que os cidadáns demandan propostas, e proxectos sensatos. Confío en que teñamos a capacidade, todos e todas, de mirar sempre cara adiante e apuntar ao futuro e non mirar ao dedo cando apunte á lúa. Son tempos, seguro, de moita reflexión. Non me atrevo a dar consellos, porque iso é de sabios, pero si a desexar que todo o mundo atine. Porque, seguindo a Saramago, todos seremos máis ou menos protagonistas nalgún momento, así que convén que todos sexamos quen de falar en positivo. Ogallá desterremos as malas formas e modos discutibles, e fagamos que os debates sexan, esta vez si, máis frescos e, incluso, máis xocosos. Tamén é posible se o facemos ben.
Pero iso si, que sexa para progresar. Pasados os resultados debemos ser máis esforzados nos grandes retos. Arousa necesita que a Xunta de Galicia se implique de verdade para poder ter un transporte comarcal mellor e máis coordinado, precisa dunha ría máis saneada e dun investimento na súa produtividade. Precisa, ademais, dunha aposta turística seria e planificada que nos aglutine a todos como proxecto común, e non como individualidades competindo. Por isto, e por máis cousas, os cidadáns tamén nos votaron. Agardamos que en Santiago tomen nota, porque os cidadáns de Arousa falaron claro. 

De victorias e derrotas

Te puede interesar