A pesar de todo, vacinas

As recentes novas sobre a eficacia das vacinas contra a COVID fixo pasar a case todo o mundo da esperanzada euforia, polos resultados que se comunicaron, ao desapego e a desconfianza por saber dos deliciosos beneficios que están detrás dos anuncios así como a carreira por anunciar, cada día, un dato mellor que a competencia. Esta subasta prodúcese sen aportar datos reais de investigación e estudos rigorosos, polo que comeza a expandirse unha certa desazón, natural cando se frustran expectativas nunha actualidade como a nosa onde todos queremos pensar que voltaremos a vivir sen máscaras, poderémonos abrazar e saudar, xuntarnos cos nosos e vivir coa naturalidade coñecida.

Pero, a pesares de todo, as vacinas serán a solución. E chegarán, máis cedo que tarde. Todo esto será así gracias á ciencia, a que sempre nos sacará dos grandes problemas. Porque a ciencia non se detén para ter debates absurdos e infructuosos. Mentras aínda existen tertulianos todo-opinadores, presentadoras dogmáticas, políticos duros de mollera ou artistas pintorescos con pouco cerebro, hai tamén investigadoras rigurosas e eficientes, científicos serios e traballadores que nos sacarán do problema. Eso si, necesitamos saber a onde mirar, e non perdernos no bosque estúpido das discusións absurdas.

Os anuncios recentes sobre a eficiencia das vacinas parecen unha tómbola, si, e non é fácil sacudirse a idea de que ten que ver máis con intereses económicos que sanitarios. Pero tamén é certo que nos colocan no entorno do lugar onde estamos xa, que é acercándonos a que unha vacina esté lista para ser utilizada en breve. Moi breve. Haberá vacina, e será pronto. Non será mañá, pero estamos máis preto de que o ano que ven sexa a da gran vacinación contra a COVID. 

Eso si, necesitamos desterrar as discusións nocivas, e para eso cabe ser claros e directos: non todas as opinións deben ser validadas ante a ciencia. Se deixamos que esto sexa así, e que calquera poda ter un altofalante que o iguale aos catedráticos, investigadores, especialistas ou premios Nóbel, entón estaremos destrozando toda confiabilidade no que de verdade merece a pena. 

Neste país non hai un problema de antivacinas. Somos, con claridade, un país onde a nosa poboación se vacina moito máis que os demáis, tamén daqueles que teñen implantada a vacinación obligatoria. O problema, neste país, non é de antivacinas senón de pobreza, pois é neses entornos onde están as bolsas de non vacinación. Teñen que ver con poboación infantil non escolarizada, con guetos de pobreza ou con espazos de exclusión social. Eso si, teñamos coidado con dar voz a quen non ten nin idea pero ten imaxe social. Porque entón, máis que un problema coas vacinas, teremos un problema coa ciencia e coa falta de respeto. E entón seremos peor país.
A vantaxe é que na ciencia non hai que crer, porque non é cuestión de fe. O resto é ignorancia. Non lle demos bola.

A pesar de todo, vacinas

Te puede interesar