En alusión a Enrique

Querido Enrique, na túa corta traxectoria política levas pasado por unhas cantas formacións políticas: BNG, Cerna, Anova, Marea e, ultimamente, Somos Ribadumia. Non sei, e a verdade tampouco me importa, si de eses equipos marchaches por vontade propia ou te votaron. O que sí sei e teño claro, é que si te tivera no meu equipo de goberno, como te ten David Castro, o noso alcalde, non tardaría nin un segundo en votarte fora del despois de que publicases un artículo de opinión no que cualificas a unha muller, Salomé Peña, de “compañía”, “recadeira” e analfabeta ó afirmar que non sabe redactar.
Salomé ten moitas virtudes que ti endexamais terás, e aínda que a súa humildade non lle permite facer gala delas, eu recordareiche dúas que son públicas e coñecidas: 1.- é unha persoa con estudos de licenciada, e 2.- Ten o respecto e apoio dos veciños do seu pobo, Ribadumia, que a elixiron sempre, tamén nas ultimas eleccións, como primeira opción para gobernar o noso concello. 
So este segundo argumento debera ter suficiente peso para que ti coma membro do goberno de Ribadumia, respetases o que os nosos veciños respetan e valoran. Pero e que ademais eres concelleiro de Servizos Sociais, e como tal, presúmese e deberas ter un discurso mais medido a hora de valorar unha muller ou as accións do noso grupo político. 
No artículo de opinión que me dedicas, e que ven a contestar a outro que publiquei eu dirixido ó noso alcalde (xa me dirás quen é o recadeiro), falas entre outras moitas cousas de que suplo a Salomé Peña e de que facemos unha “oposición penosa” e de “espectáculo”. Entendo que non saberás o que é traballar en equipo, proba delo o teu fugaz paso por tantas e diferentes formacións políticas ata quedarte solo en Somos Ribadumia, pero no Partido Popular traballamos así, en equipo. Os seis concelleiros que formamos o grupo municipal repartimos as tarefas, escoitamos os veciños e propoñemos e reclamamos o grupo de goberno, as infraestruturas e servicios que axuden a mellorar o noso concello e calidade de vida dos nosos veciños.
Na túa carta tes o atrevemento de dicir textualmente o seguinte: “(…) Eu, a diferencia de ti, non concibo ás familias desfavorecidas como unha clase social, os “pobres” (…)” dando a entender que eu dixen ou penso de esa maneira. Como sabes iso é falso e como tal lamento moito que dixeras tal cousa, Enrique, xa que, aínda que non tes por que sabelo, a miña vida profesional encamiñeina pola avogacía e o dereito por vocación persoal de axudar as persoas, cuestión que tamén fago dende a política, cousa que ti tamén deberas facer como membro do goberno de Ribadumia, non perdendo e tendo que devolver unha subvención a Deputación de 7.000€ que se vos concedeu para persoas do noso concello con escasos recursos, cos que axudarlle a cuestións tan básicas coma a compra de alimentos, compra de electrodomésticos básicos, tratamentos de odontolxia, pago de recibos (auga ou luz),axudas a infancia ou axudas para o pago do aluguer.
Na túa carta, Enrique, tamén me recomendas que pase polo concello a informarme. Son moitas as mañás as que me paso polo concello a presentar algún escrito ou a preguntar algunha cuestión, pero son poucas as veces que coincidimos, por que as horas que eu vou, ti aínda non chegaches.
Por último refíreste o caos, saturación e desaparición do servizo de Pediatría do centro médico de Ribadumia, cuestión que é totalmente falsa, e deixa ven as claras que, aínda estando no concello, non te enteras de nada, xa que o servizo de Pediatría segue a prestarse a dia de hoxe nas mesmas condicións que sempre no centro médico de Ribadumia.
Enrique, xa sei que esta carta ten certa profundidade e dureza, pero  vinme na obriga de escribila despois de ler as barbaridades contidas na túa. Espero e desexo que sirva para facerte reflexionar e, por último, quixera que non fose motivo para enturbar as relacións que temos como compañeiros de corporación e veciños. Un saúdo.

En alusión a Enrique

Te puede interesar