Martes 11.12.2018

Imposible facelo peor

Tres anos,  este é o tempo que o concello de Ribadumia l

Tres anos,  este é o tempo que o concello de Ribadumia leva cun goberno  tripartito e co alcalde David Castro Mougán. Tempo mais que suficiente para facer un balance obxetivo e sen lugar a equivocarse. 
O alcalde recibe un concello nas mellores condicións para iniciar un novo mandato: obras e servizos de gran calidade en funcionamento, un concello saneado e con mais de un millón de euros de aforro e un sinfín de proxectos xa cociñados e con financiación para sacalos adiante.
Con este escenario a lexislatura prometía ser doce para o novo goberno e cheo de novas oportunidades para os veciños de Ribadumia, pero pronto vimos que as cousas se torcerían: pechan o tanatorio, anulan a Bttinto, inflan os recibos de auga, perden subvencións, contratan asesores, amplían  o número de concelleiros con soldo, manteñen sen xustificación pechada a Pousada, etc.
Nestes días os concelleiros do Partido Popular tivemos acceso a un expediente, no que a Deputación reclama o concello a devolución dunha subvención de 7.000 euros, ó non tela empregado na finalidade para a que foi concedida. 
O concello recibiu ese diñeiro para destinalos a persoas do noso concello con escasos recursos, cos que axudarlle a cuestións tan básicas coma a compra de alimentos, compra de electrodomésticos básicos, tratamentos de odontolxia, pago de recibos (auga ou luz), axudas á infancia ou axudas para o pago do aluguer. 
O balance da labor do goberno tripartito nestes tres anos non pode ser mais desolador, cun alcalde, David Castro, que non é capaz de xestionar novas inversións ou servizos para Ribadumia, nin sequera defender as inversións e servizos que outros xestionamos anteriormente, como pudo verse nestes días nos que a presidenta da Deputación plantexaba o peche do parque de bombeiros de Ribadumia, sen que o alcalde se inmutase. Imposible facelo peor.

Imposible facelo peor
Comentarios