Mareas revoltas ganancia de...

Nadie quere que os gamberros lles rompan os coches. É misión das forzas e seguridade do Estado protexer os bens públicos e privados. Pero a deputada Paula Quinteiro parece ser que lle colleu de sorpresa e non soupo calibrar o seu papel e comprender onde empezan e terminan as súas competencias, e tampouco o deber dos axentes da autoridade que teñen a misión de identificar aos culpables. Os deputados/as por moi aforados que estén non poden actuar de policías en sustitución destes, poden plantexar propostas parlamentarias pero non poden ir por ahí facendo de xusticieiros, e menos dando mal exemplo porque o seu cargo é para defender as normas ainda que non lle gusten debendo colaborar cos que teñen a obriga de defendelas, mentras non sexa quen de cambialas vía lexislativa, así é como fan os verdadeiros demócratas.
Hai que cambiar moitas cousas pero de ahí a protexer infractores hai un abismo. Non vale todo aínda que de política se trate; ten que prevalecer e defender intereses xerais, non os grupais, ou persoais. Temos un marco institucional que permite mellorar a democracia, non vaia ser que o cambio sexa a peor, que é o que moita xente teme. Pero  ven sendo habitual que cargos de partidos con poder se tomen o mundo por monteira dándonos leccións que eles non se aplican dando renda solta a orxías nocturnas, votando por terra o traballo de moitos compañeiros/as do partido. Logo veñen trifulcas, solidarias, oportunistas, torticeras abrindo unha confrontación interna que rompe a unidade de acción. Dentro dos partidos tamén hai persoas que se esquecen do interés xeral por loitas internas.
Ten razón Beiras cando di que non se pode ir contra a casta si hai casta dentro. Xa debe ser difícil liderar 25 mareas galegas si os feitos veñen a deslexitimar a posible alternativa. Así a dereita estará frotándose as mans dándolle motivos para mover os medios para seguir no podium. E tamén sabemos que á dereita se lle perdoa todo, mentres á esquerda non se lle perdoa nada, a pesar de que a historia demostra que trouxo os avances sociais. Ser de esquerdas é renunciar a intereses  persoais. Vai sendo hora de que para ocupar altos cargos no século XXI se debe dar formación a nivel de máster en civismo democrático, en todos os niveis do ensino. Os partidos non están á altura das circunstancias, deterioran  a  convivencia e esperanzas, deben resolver os problemas que nos acucian. 
Os novos partidos recibiron votos dos vellos partidos porque tampouco entenderon o déficit democrático. Ahí temos a Podemos que por querelo todo está perdendo votos e a oportunidade de sacar ao PP do Goberno con tan xo absterse, e despois colocar as súas propostas para correxir os abusos do poder, pero non se deron conta do que querían os votos prestados. Perderon a gran ocasión de poder facer as reformas e cambios necesarios que o país necesita. Podemos actuou como si estuveramos en dictadura propoñendo a revolución e destruir o armazón constitucional que temos. En democracia as reformas se poden conquerir sen romper todo como pretenden eses neófitos políticos que non respectan os sacrificios que fixemos os demais pasando da dictadura á democracia. Por eso perderon un millón de votos nas segundas eleccions xerais, segundo enquisas a caída segue. Por iso teñen que ser máis responsables na acción política! Coa falta que fai que haxa partidos alternativos para que haxa unha democracia real, honesta e eficaz! As melloras en democracia se poden facer con pertinaz diálogo para convencer.

Mareas revoltas ganancia de...

Te puede interesar