PENSANDO EN GALICIA

Xa non sei que pensar cando os chamados nacionalistas andan á greña. Houbo un tempo que probaron as meles do poder, sen que deixaran nada que destacar, así o confirmou a xente nas urnas. Non conseguiron fidelizar aos votantes, nin consolidar un proxecto político de país para evitar que partidos centralistas volveran gañar o Goberno Galego. Así, os galegos/as volveron a votar á dereita, a pesar de que, tampouco ten proxectos para Galicia, gobernando mal, pero vende mellor, por eso se impón nas urnas, unha vez tras outra.
Somos un país tan histórico, ou máis, que Cataluña e País Vasco, pero aquí non hai maneira de conseguir un partido nacionalista que chegue a gobernar Galicia como ocorre nesas comunidades, con PNV e CIU. Aquí cada un quere ter a sua parceliña, o seu tractor, sin conseguir articular proxectos colectivos, nin formación cívica de país. Por iso, nesta Terra Meiga, as alternativas políticas  non callaron cando tiveron ocasión de facelo. E por iso a xente que non se adica á política di, todos son iguais. Por iso gaña o partido que dá imaxe de unidade, con fortes sumas en propaganda, e redes clientelares.                    As alternativas non se dan conta de que o rural é máis conservador en todas partes. No rural de Galicia hai máis votantes que nas cidades, é onde gaña a dereita. As alternativas non son capaces de sair do circo vicioso. 
Todos os partidos están carentes de proxectos. Non se pode chamar proxectos aos programas electorais que nunca cumpren. O desenvolvemento de Galicia pasa por non mentir con menxases  preñados de ambición persoal. Galicia daría un gran salto si houbera un partido no poder que tivera altura de miras con vistas ao futuro, honestidade, control e boa administración dos recursos, e aceptando propostas útiles para a Terra, veñan de quen veñan, sen sectarismos. Ata o de agora os dirixentes dos partidos de Galicia loitaron polo (juevo, non polo fuero), de ahí ven o fracaso da política Galega.
 

PENSANDO EN GALICIA

Te puede interesar