Os portugueses teñen moito de galegos tal como demostra Rebelo de Sous

Os portugueses teñen moito de galegos tal como demostra Rebelo de Sousa, presidente de Portugal, na súa viaxe a España, que ante a pregunta dun periodista sobre Cataluña contesta, que a súa posición é de non intervir na política doutro Estado. Portugal e Galicia son as rexións máis atrasadas da UE, reciben subvención da unión por estar no obxectivo un. Pero se perderon fondos, e outros se emplearon mal  como podemos comprobar en obras inúteis por falta de control e asesoramento dos gobernos galegos. Deberan servir para modernizar os nosos sectores productivos do mar, pesca, agro, forestal  en vez de tirar, ou perder subvencións. Os gobernos galegos estiveron a velas vir, e basean a creación de postos de traballo en grandes empresas que se cargan o medio ambiente e demais sectores clave do noso futuro que crea máis postos que esas minas de Corcuesto e Touro que destrúen máis do que aportan.
Portugal é algo no mundo, ocuparon e ocupan altos cargos na UE e outros cargos internacionais, mentres que España non, e Galicia menos. Todas as CC.AA medraron mentres Galicia quedou atrás: Galicia no 1900 tiña 2.073.738 habitantes, hoxe 2.773.928, Cataluña 1.054.450, hoxe 7.321.463, Andalucía 3.558.612, hoxe 8.302.923, e así as demais. 
A diferencia doutros políticos galegos non se sabe se suben ou baixan, como o caso de Rajoy. Falta saber se Galicia fora Estado, se os políticos galegos serían mellores para gobernar a nosa terra que os actuais. Galicia conta cunha historia que outros que claman independencia non teñen. Tivemos o primeiro reino de  Europa a mediados do século V durante o Reino suevo, porque Hermerico pactou co emperador romano cando estaba en caída libre. Galicia e Portugal compartiron a mesma historia ata 1109 con Capital en Braga. Idioma galego-português, asturleonés. 
Dende que Gallaecia se divide en dúas partes a nosa quedou mermada e sumida ata o día de hoxe, mentres que Portugal se convertiu nunha potencia para tratar de vis a vis co Estado Español para repartir o mundo en Tordesillas.
Portugal nos está dando unha lección de cómo sair da crise económica. Son moitos os emprendedores que se están instalando en Portugal porque aquí seguen sen cumprir as directivas europeas, por exemplo as de transporte. Feijóo acaba de presentar con bombo e platillo, unha copia de Portugal, a iniciativa Doning Business con cero impostos as empresas que se instalen aquí con cargo os concellos con desgravación do 99%. Pero a burocracia segue.

Os portugueses teñen moito de galegos tal como demostra Rebelo de Sous

Te puede interesar