Discriminación a Protección Civil de Meis

Dende a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Meis queremos mostrar o noso malestar coa Xunta de Galicia e coa Consellaría de Vicepresidencia polas súas declaracións cara nós. Nesas declaracións míntese e fáltase ao respeto á nosa agrupación dicindo que non sabemos presentar as solicitudes e que se non se nos deu o coche o ano pasado e este ano é por falta de documentación, causa que é completamente falsa. Adxuntamos o recibo de presentación no rexistro de toda a documentación en tempo e forma, donde sae todo o que se presentou, e se pode demostrar con varios correos e conversas mantidas coa Delegación da Xunta en Pontevedra, onde se nos di que non falta nada e que está todo correcto. Cando queiran e donde queiran así o podemos demostrar. Se falla a comunicación entre a Delegación de Pontevedra e a Consellería de Santiago, Meis non ten a culpa e, polo tanto, non ten porque pagar as consecuencias.

Nós en ningún momento dixemos que o proceso de selección ou adxudicación faltara ao rigor ou que se manipulara intencionadamente para perxudicarnos. Nós só dixemos que nos sentiamos discriminados porque non entendemos como un proceso de selección, ou a forma que teñen de regulalo, pode facer ou permite que nunha agrupación como a de Meis conoperativos, levar alimentos e medicamentos, desinfectar, levar a persoas maiores a consultas médicas, etc..., todo iso o teñamos que facer os voluntarios nos nosos coches privados.

Non entendemos como ese procedemento permite a Meis, un concello tan extenso no que non hai Policía Local e no que Protección Civil se encarga da recepción e xestión das emerxencias as 24 horas os 365 dias do ano, quedar sen un vehículo operativo para poder facelo. Co que temos que facelo nos nosos coches particulares, co risco que conleva.

Non entendemos como ese procedemento permite que a pesar de que Protección Civil tenta solucionar todas as incidencias que ocorren no noso concello, tanto as solicitadas a través do 112, como as que chaman os propios veciños, déixanos sen vehículo. Incidencias que cando nos é imposible solucionalas persoalmente, xestionámolas e buscámoslles solución da forma máis axeitada e á maior brevedade posible, todo iso de forma completamente voluntaria e altruísta. Como pode ser que un procedemento consinta isto? Que mentres outras agrupacións van aumentando ano a ano o parque móbil e o material, ata o punto de que non os dan usado todos, Meis non teña adxudicado ningún medio dende hai 20 anos? Esa problemática leva anos pasando e non se fixo nada por tentar arranxarla. Con ese sistema de adxudicacións, as agrupacións de concellos grandes e con un maior presuposto, sempre terán mais puntuación e seguiran acumulando medios, mentras que as pequenas como Meis, estamos condenadas a desaparecer.

Resúltanos insultante que a forma de agradecer a todos eses voluntarios o labor que levan máis de 20 anos realizando, pero moi especialmente durante esta pandemia, sexa unha nota de prensa atacando a eses voluntarios, e facelo con mentiras. É moi fácil que o gabinete de prensa da xunta faga unha nota para atacarnos e desprestixiarnos argumentando que non sabemos facer as cousas e non sabemos presentar a documentación, pero é moi triste que o fagan ademais con mentiras. Repetimos que, cando queiran e donde queiran, temos toda a documentación para así demostralo.

En Meis durante a pandemia realizáronse todo tipo de iniciativas e labores que en cada momento se creeron as máis adecuadas e axudouse a todos os veciños no que precisaron, a todos. Todas esas actividades facilitáronse e facilítanse periodicamente á Delegación da Xunta. E nós tamén as temos gardadas por se fan falta. Cando dende a Delegación se nos solicitaron fotos e vídeos das actividades, madáronselles;  cando se nos solicitou algún tipo de documentación, facilitóuselles, e cando se nos solicitou axuda por algún motivo en concreto, Meis respondeu, todo como se nos dixo que debiamos facer e sen poñer ningún tipo de problema.

Cando decimos que nos sentimos discriminados referímonos ao trato que recibimos a cambio de todo iso, ás trabas que nos poñen a Meis dende hai uns anos e que me consta que non lle pasa a outras agrupacións. Cando a Meis se nos manda levar un xustificante de pago dos seguros do banco, non lle vale a póliza, nin un certificado bancario. E indo ó banco en persoa, collendo o recibo e levándoo persoalmente a Pontevedra, por enriba póñennos trabas porque o cuño que puxo o banco é de cor negra en vez de cor azul. Pois claro que nos sentimos discriminados: que nós sepamos, ninguén escolle cor de cuño nos bancos. Pero nós calamos e seguimos traballando como sempre.

Cando a Xunta crea unha aplicación web na que se nos indica que hai que rexistrar todos os voluntarios, as intervencións e subir toda a documentación da agrupación para así eles ter acceso a todo, Meis foi á reunión e á charla sobre o funcionamento. Aos dous días Meis tiña a todos os voluntarios rexistrados en dita aplicación. E posteriormente foi rexistrando as intevencións e subindo toda a información relevante. Co paso do tempo vimos que a aplicación fallaba e non nos deixaba acceder. Contactamos coa Delegación de Pontevedra e quedaban en que o mirarían. Tras varios meses nos que non nos deron solución, démonos conta de que a eles tampouco lle deixaba entrar na nosa aplicación, co cal non podían ver a documentación que alí tiñamos gardada para que puideran ter acceso a ela. Iso fixo que nós tiveramos que estar mandando documentación cada dous por tres. E Meis fixo todo iso sen protestar, a pesar de que era un problema axeno a nós. Cando  Meis fala de discriminación, faino porque a ese problema, a contestación que temos é que a empresa informática lles di que a única solución sería eliminar a agrupación da aplicación e volver creala, e que eles non tiñan pensado facelo. Mándannos os datos da empresa e dinnos que nos matemos nós con ela. Unha empresa contratada pola Xunta para facer unha aplicación creada pola Xunta...

De todo iso temos constancia e rexistro, é demostrable. Non imos permitir máis faltas de respecto nin máis mentiras. Se falamos de discriminación é porque a sufrimos, non inventamos nada e faremos e iremos a onde faga falta para defendernos e demostralo.

Con respeto adxudicación do remolque, dicir que imos renunciar a el, xa que sen vehículo, porque o que temos ademáis de todos os problemas que ten non conta con gancho de remolque, no podemos ir buscalo. E para traelo a mán, quédanos un pouco lonxe. Gustaríanos deixar claro aos veciños que poden estar tranquilos, de igual forma que ata hoxe, seguiremos traballando e axudando a quen o necesite. E a falta de medios e material, suplirémola con traballo, ilusión e ganas de axudar.

* Presidente de

Protección Civil de Meis.

Discriminación a Protección Civil de Meis

Te puede interesar