O parque acuático de Meis suma o apoio de Zona Franca de Vigo e prevé abrir en primavera

O parque acuático de Meis suma o apoio de Zona Franca de Vigo e prevé abrir en primavera
A recente xuntanza sobre esta iniciativa, na Casa Consistorial | cedida

O parque acuático de Meis segue a percorrer o seu longo camiño. Despois de confirmarse que tampouco ía ser neste atípico 2020 cando abrise as súas portas, o Concello de Meis fixo público onte vía comunicado que a nova previsión é a de poñelo en marcha cara a vindeira primavera. Así se dixo tras unha reunión entre os empresarios, promotores da rima Crelpabe; a alcaldesa, Marta Giráldez; o delegado de Zona Franca de Vigo, David Regades, e o director xerente da sociedade de capital-riesgo Vigo Activo.

“O Parque da Auga”

Regades amosou o apoio a este proxecto: “Sexa da forma que sexa, Zona Franca Vigo apoia esta iniciativa e felicita aos propulsores”.

Tanto el como a rexedora coinciden en que é un emprendemento “de importancia para xerar emprego e riqueza na comarca”, posto que “O Parque da Auga” creará postos de traballo, “rexenerará unha vella canteira abandonada no lugar de Penente” e “ofrecerá instalacións medioambientalmente sostibles que activarán o turismo na comarca”, consideran.

O parque, a dez minutos en coche de Pontevedra e media hora de Vigo, terá uns 100.000 metros cadrados e pretende ser “o gran complexo temático das Rías Baixas”. O seu deseño, avanzan, “integrará as zonas de ocio co entorno montañoso e boscoso”, tamén con “actividades diferenciadas para poder ser desenroladas nos meses non aptos para o baño”, conclúen. l

O parque acuático de Meis suma o apoio de Zona Franca de Vigo e prevé abrir en primavera

Te puede interesar