“Puidemos cometer erros, pero o noso labor foi moi importante”

“Puidemos cometer erros, pero o noso labor foi moi importante”
Diario de Arousa-2015-05-16-021-591e5aad

O cesureño Roque Luis Araújo volve ser o candidato socialista co obxectivo de mellorar resultados anteriores e conquistar o Goberno. Sendo dun partido dos  agora chamados tradicionais, ve con bos ollos o feito de que haxa seis candidaturas diferentes porque “é a demostración de que somos un pobo que está vivo e con unha xuventude preocupada”. É máis, at o ve como un “acicate”.

Como afronta o PSOE esta?  
Con moita ilusión e na confianza de que os cesureños saiban recoñecer a labor que desenrolamos nas concellerías de Servizos Sociais, Educación e Deportes.

Seguen vostedes abertos aos pactos de goberno e acordos?
Estamos traballando para lograr o mellor resultado posible e, por respeto aos votantes, non estamos agora pensando en pactos ou acordos. En todo caso dicir que si os cesureños deciden que ningunha lista obteña a maioría, só pactaremos con os que antepoñan o benestar e o interese da veciñanza en xeral, a intereses particulares ou de partido.

Cal é o seu aval nesta lexislatura como membro do goberno?
Lograr un novo xeito de facer  política, entendendo que o diálogo, o traballo diario e a cercanía cos veciños son a base para que as cousas melloren a nivel local.

Como foi a relación cos seus socios nesta lexislatura?
Cordial no personal, pero coas discrepancias lóxicas entre opcións políticas diferentes

Fíxose algo mal? Que se fixo ben?
Algo mal? Somos humanos e seguramente cometemos algún erro e agora os cidadáns xulgarán. Nas áreas nas que desenvolvín o meu traballo, considerando o periodo difícil que nos tocou vivir polos recortes do goberno central e da Xunta, considero moi importante o labor feito en Servizos Sociais, dando cobertura as persoas máis necesitadas; en Educación, mantivéronse as instalacións e fixéronse novas inversións, se continuou co programa de educación de adultos; sacouse adiante o Banco de Libros, iniciouse un programa de ludotecas e potenciouse o papel da Biblioteca. En Deportes, mantivéronse as instalacións municipais e apiouse aos clubes.

“Puidemos cometer erros, pero o noso labor foi moi importante”

Te puede interesar