Vilagarcía, cidade referente no mundo da cultura

Vilagarcía, cidade referente no mundo da cultura
Diario de Arousa-2015-05-17-011-5db6dcc7

Vilagarcía é na actualidade unha cidade referencia no mundo cultural nas distintas disciplinas artísticas. Isto é posible grazas a intensa actividade rexistrada ao longo destes anos especialmente en dous recintos: O Salón García e o Auditorio. Dende as súas butacas puideron verse máis de un millar de actuacións que foron dende concertos de diversa índole, ata teatro, monólogos, documentales, galas, recitais e festivais variados.
Actividades diversas pensadas para os distintos tipos de público, algunhas con entrada de pago, pero moitas outras de balde coa intención de achegar a cultura ao maior número de vilagarciáns posibles. En ambos espazos tamén se levaron a cabo numerosas exposicións que atraeron numeroso público ás instalacións.
Pero estes non foron os únicos espazos que contribuiron a esta sona cultural. O esplendor destes anos do Conservatorio de Música que participu en dúas ocasións e por primeira vez na “mostra do Eixo Atlántico” sendo tamén a primeira vez que gañan primeiros premios en certames.
A Biblioteca Municipal tamén albergou numerosas actividades, especialmente de escolares da cidade, ao longo destes catro anos  do goberno de Tomás Fole. Un bo exemplo deste incremento da actividade e o primeiro clube de lectura do municipio que tivo lugar no 2014. Coa idea de facilitar o acceso ampliouse o horario ao público en 11 horas semanais en horario ininterrumpido de 9 a 21 horas, incluiuse  na Rede Galega de Bibliotecas e ampliaronse dúas zonas do edificio.
A aposta pola cultura tamén se pode apreciar nas inversións realizadas non só na programación senón tamén na mellora dos edificios. A Deputación de Pontevedra destinou na rehabilitación que alberga a escola de Municipal de Música máis de 216.000 euros. Pero a inversión máis importante foi a recuperación do Salón García ao que se destinaron máis de 230.000 euros. Con esta obra, Vilagarcía rescata un emplazamento histórico da cidade despois dunha década relegado a almacén e biblioteca tras ser o primer local estable de espectáculos.

Vilagarcía, cidade referente no mundo da cultura

Te puede interesar