Gastronomía e versos únense para honrar a Manuel María

Gastronomía e versos únense para honrar a Manuel María
Diario de Arousa-2016-05-15-005-b0a2bf3d

A poesía está directamente conectada co sentido do gusto. A gastronomía foi sempre unha importante fonte de inspiración da literatura galega e así maniféstase na ruta que se levará a cabo desde mañá ao día 22 en trece locais do centro do municipio. “Petiscando poemas” é unha iniciativa da Concellería de Cultura e a asociación Ahituvi a través da cal e, por un módico prezo de 2 euros con cincuenta céntimos, vilagarciáns e visitantes poderán gozar de variados pinchos que virán acompañados por un poema de Manuel María. A través desta ruta, os locais que participan, Dysania, La Parra, Bar de Co, A Marimorena, D’Maria, Vilagarcía, A Baldosa, Xosés, Casa Sumay, Derby, Misterio, Doña Tapa e Compañía e Cía, contribúen a difundir a obra do autor homenaxeado este ano polas Letras Galegas. A edil Sonia Outón, confía en que a través deste tipo de actividades a poesía deixe de ser un “nicho minoritario” mentres que José Dieste, de Ahituvi, destacou que “ocio e cultura van da man”. Entre as tapas que compoñen a oferta ten especial protagonismo un ingrediente moi galego e moi típico de Santa Rita: O polbo.

Gastronomía e versos únense para honrar a Manuel María

Te puede interesar