Castrelo escorrenta o frío con trescentas racións de callos

Castrelo escorrenta o frío con trescentas racións de callos
Os asistentes á festa puideron repetir menú ata quedar fartos GONZALO SALGADO

Nada mellor que callos para espantar o frío. E iso foi o que fixeron onte en na parroquia cambadesa de Castrelo, papar unha boa ración no campo da festa. E o que quedara con fame, podía repetir ata fartar. Arredor de trescentas racións despachou a asociación Santa Cruz, na que foi a primeira festa con este prato como protagonista. O ano pasado apostaron polo lacón, pero a crise manda e “a xente pedía un prato barato”, comenta o presidente do colectivo organizador, Manolo Cacabelos. Dito e feito. Só cinco euros tiveron que pagar os socios e seis os demais comensais, coa salvidade dos nenos menores de oito anos que puideron comer gratis. E, ademais, para os que non lle gustaran os callos había menú alternativo: filetes con patacas.
Os callos non se esgotaron, porque “nós cando facemos algo, facémolo ben”, recalca Cacabelos. Cincocentas racións tiñan preparadas, e xa haberá ben quen dea boa conta das que sobraron. Cre que o temor ao mal tempo foi o que impediu que o cheo fora total. “A xente desconfiaba, aínda que tiñamos o recinto cuberto”, comenta ao respecto, pero aínda así a satisfación foi máxima entre a organización porque acudiron moitos veciños e, sobre todo, xente doutras parroquias e localidades.
Pasada a troula de onte, a asociación Santa Cruz de Castrelo xa quenta motores para a súa próxima festa. Será o vindeiro 22 de decembro, cunha celebración para os socios, que se reunirán nun xantar de confraternidade. Porque iso si, a papatoria que non falte. n

Castrelo escorrenta o frío con trescentas racións de callos

Te puede interesar