A exposición “Horizontes de Mar e Memoria” da vilagarciá Marisa Redondo recala en Madrid

A Casa de Galicia en Madrid acolle durante todo o mes de xullo a mostra pictórica “Horizontes de mar e memoria”, da artista vilagarciá Marisa Redondo. O acto de inauguración contou coas intervencións do delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega, co presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, e con outras personalidades como Tomás Fole, Marta Rodríguez ou Pilar Rojo.
    Tras os agradecementos aos asistentes Marisa Redondo comentou como a pintura para ela é “unha forma de expresar e canalizar o ánimo de cada instante”. De feito apunta a autora vai captando co seu móbil imaxes que le gustan e que logo utiliza como punto de partida para novas obras, aínda que o resultado nada terá que ver co arranque, xa que é o seu sentimento, o de cada momento, o que vai marcando a dirección do camiño emprendido. Marisa Redondo utiliza moitas capas que achegan diferentes texturas. De primeiro, de base, sempre usa unha impregnación negra, “porque sobre o negro se pode pintar calquera cor”. Esta técnica de capas obrígaa a esperar a que seque cada unha antes de aplicar a seguinte, polo que é habitual para ela traballar sobre varias obras á vez. Eso si, co mar como denominador común. l

A exposición “Horizontes de Mar e Memoria” da vilagarciá Marisa Redondo recala en Madrid

Te puede interesar