O BNG recurta os gastos de campaña e prescinde do envío de papeletas por correo

O BNG recurta os gastos de campaña e prescinde do envío de papeletas por correo
Vilagarcía. El Bloque Nacionalista Galego BNG de Vilagarcía dio ayer el pistoletazo de salida a los actos de campaña rumbo a las elecciones municipales del próximo 22 de mayo. El nacionalista, Xosé Castro Ratón, r

Os diferentes partidos e agrupacións políticas enfróntanse aos comicios europeos cun maior grado de austeridade que en eleccións anteriores. Ben pola falta de implicación da cidadanía nesta cita coas urnas ou, sobre todo, polos recurtes que chegan a todas e cada unha das esquinas do país, o BNG aplicará por primeira vez unha nova medida na campaña que se inicia esta fin de semana. Así pois dende a agrupación nacionalista optaron por prescindir do envío (a través do servizo de Correos) das papeletas electorais a todos os fogares de Galicia. Unha práctica que sí manteñen partidos doutras siglas e que supón un elevado custe económico para as agrupacións. Así pois, tal e como sinalaba onte a responsable local do BNG, Rosa Abuín, “botaremos man dos afiliados para ver ata donde podemos chegar. A idea é optar igualmente polo buzoneo, pero nesta ocasión será porta por porta e non mediante o servizo de correo ordinario que é o que se viña utilizando ata o de agora”.

Primeira vez
O certo e que é a primeira vez que os nacionalistas recurtan neste sistema de campaña e que, por outra banda, se apoian en outras alternativas moito menos custosas como son as plataformas dixitais ou as redes sociais.
De feito no tema de cartelería e anuncios tamén se fixeron axustes para evitar gastar moito. Cabe recordar que as eleccións municipais están á volta da esquina (ano 2015) e que será aí donde, probablemente, se investirán máis recursos por parte das agrupacións locais.

O BNG recurta os gastos de campaña e prescinde do envío de papeletas por correo

Te puede interesar