Ensino Público

Os bos e xenerosos/a nosa voz entenden/e con arroubo atenden/o noso ronco son,/mais sóo os iñorantes/e féridos e duros, /imbéciles e escuros/non nos entenden, non. 
O fascismo, a intolerancia e a intransixencia prohibiron esta estrofa do himno galego. Silenciárona, por elo son os menos coñecidos, mais non desapareceron.
Estas dúas estrofas viñéronme á mente nada máis ler a a contestación soez, falaz e intolerante que o Xefe Territorial de Educación nos refire a ANPA do CEIP Torre Illa porque protestamos ante os recortes practicados un ano máis polo Sr. Feijoo e o PP no Ensino Público. Non entende que consideremos o Ensino Público como un dereito prioritario e básico para o futuro do país, e por iso ante vostedes, que defenden a austeridade e os recortes (como a súa forma monolítica de ver o mundo), nós defendemos que aumente o investimento no Ensino Público xa que queremos a mellor formación posible para as nosas fillas e fillos.
As matemáticas que necesitan aprender os nosos fillos en boas condicións non son as matemáticas do Xefe Territorial de Educación. Un profesor máis non vai mellorar só a 1 alumno, senón que vai mellorar a aprendizase de de 51, e vai significar que se respeten os dereitos de 371 por igual. Non contento de facer mal as contas, insúltanos e chámanos egoístas. Saiba que por moita prepotencia e insulto que gaste, nin nos amedrenta nin lle fai ter máis razón. 
Debería, en primeiro lugar, pedirnos desculpas ós pais e nais do CEIP Torre Illa que simplemente estamos loitando polas nosas fillas e fillos. 
En segundo lugar debería cumprir a lei, simplemente iso, e dote por tanto do profesorado necesario ao CEIP, que a estas alturas con dúas clases que nos poñen, só temos un profesor.
En terceiro lugar, a Consellería de Educación ten unha grande débeda co CEIP Torre. Emprázoo ante a opinión pública a que expoña o investimento nos últimos anos neste colexio por parte da Xunta de Galicia, e sexa consciente de que os diñeiros son públicos e non son seus; invístanos no Ensino Público.
En último lugar, non se preocupe. Ós Bos e Xenerosos se nos escoitará. Os tempos son chegados.

 

Ensino Público

Te puede interesar