Pode ser que algún non se decate de que xogo estou a falar, e iso que se trata dun xogo moi coñecido, sobre todo unha das súas versións por ser a máis caracterizada no cine e nas series de televisión. É o que se xoga empregando tres cubiletes e unha boliña. Seguro que xa se dan conta, efectivamente, tratase de ese xogo onde o obxectivo aparente é o de adiviñar en cál dos tres cubiletes atopase a boliña, una vez han sido barallados polo que conduce o xogo, o “Trilero”.
Tamén e por todos coñecido que o aparente obxectivo de adiviñar ónde está a boliña, no é tal, pois a boliña foi retirada deses cubiletes mediante un xogo de mans propio de un prestidixitador ou dun ilusionista, para ser escondida nunha das mans do “trilero”. Polo tanto tratase dun xogo, onde o obxectivo Real e o de enganar ao que participa intentando adiviñar, pois nunca acertará sinalando o cubilete que agocha a boliña.
O certo é que o xogo do Trile, ou esa técnica de prestidixitador ou ilusionista, e mais utilizada do que parece, e na política tamén, e non pasaría nada si nese xogo ninguén resultase malparado, enganado, e incluso nos casos mais graves, estafado. E nesto existen frases moi celebres na política nacional: “son unos hilillos de plastilina” ou “es una indemnización en diferido, a modo de salario” supoño que se dan conta que me refiro ao feito de enmascarar a realidade non chamándolle as cousas polo seu nome.
O feito e que en Vilagarcía tamén asistimos a este tipo de xogos, onde todos teremos que adiviñar ónde se agacha a “boliña”, só que esta vez non se trata de unha boliña, ni estará agochada dentro de ningún cubilete.
No caso da política en Vilagarcía, as veces temos que atopar un pacto que para que non o vexamos disimulase baixo a figura de acordo puntual, pero non é posible, porque as consecuencias de ese acordo “puntual” van durar catro anos, por elo mal que lle pese, e un Pacto con todas as letras, aínda que sexa antinatura, segue a ser un pacto.
E xa a última, e a anunciada Rebaixa de impostos, onde aplicase un tipo impositivo que se rebaixa nun 0,02% sobre uns valores catastrais que medran un 10%, o resultado….., pois igual que no Xogo do “Trilero”, o certo é que non hai Rebaixa.
E si non o creen, ao igual que no caso da boliña, invítolles a que a atopen a Rebaixa, pois e tan evidente que ese incremento do Valor Catastral sobre a Base do imposto e o suficientemente grande como para agochar, na maioría dos casos, a mínima rebaixa anunciada.
Pero neste caso, non so porque o digamos nos, quen baralla neste xogo, a modo de prestidixitador ou ilusionista sae nos medios de comunicación, tan so dous días despois de propoñelo, recoñecendo nun alarde de sinceridade, que esa rebaixa apenas se vai notar nos recibos do IBI do próximo ano. Claro que non, como dixemos a truco está en gardar a boliña, neste caso a rebaixa, dentro da manga, iso si, intentando que non o vexa ninguén.
Pero mira por onde, alguén si que o veu vir, si que veu como detrás dun anuncio de Rebaixa, agochábase unha trampa que fai crer a algúns que van pagar menos, mentres outros van pagar mais, e non precisamente ós que mais teñen, e por elo que algúns negámonos a ser cómplices deste engano, truco ou artimaña.
Todo elo agravado pola falla de cumprimentos de compromisos ante Plataformas Cidadás e que se esixían foran aplicados polo grupo goberno local do ano 2013, por certo, asinante do pacto co goberno actual.
Por elo, en aras de que algún día a sociedade volva a crer na utilidade da política, e confíe nos políticos, estes deberán deixar de lado estas técnicas ilusionistas e “trileras”, para intentar convencer que o que din non e o mesmo co que fan, que mal que lles pese, por moito que algún queira, poida ou saiba, xa non enganan a ninguén. .
*Voceiro do grupo Municipal de Esquerda Unida en Vilagarcía.