O carnaval da Moncloa

E  n breve estaremos no Carnaval, as carozas, as orellas,…o sorriso da xente e a carallada. Como decía Celia Cruz…”A vida é un carnaval”. Na política estes días o carnaval é a diario. Antes eran as dereitas ou as esquerdas, agora hai de todo e no taboleiro de xogo parece que todo vale. Tanto dá con quen nos xuntemos, o importante é sacar cacho, esa é a impresión que me dan algúns grupos políticos. Mentres tanto, o Rei reúnese cos diferentes partidos para escoitalos e decidir si apoya a algún ou non. Me pregunto por qué a sua opinión é tan importante? Temos varias familias políticas novas. Por outra banda, o bipartidismo morreu, ou iso parece. O curioso é que as combinacións son poucas: ou gobernan os que están, ou cambia o goberno ou se repiten las eleccións. Sinxelo en apariencia, mais compricado na práctica. Uns días atrás, repetir as eleccións beneficiarialle quizais ós primerizos na Moncloa. Sen embargo, o que está a acontecer nalgúns que foron coma sopas de letras as eleccións non é bó nestes últimos días. Polo tanto, estaremos expectantes ata o último segundo. Afinade os cronómetros, porque debemos  acostumarnos a decisións in extremis, enriba do son da campá. O señor Mariano mellor non di nada porque o ten moi pero moi compricado a día de hoxe. Sánchez ten posibilidades porque pode aglutinar ós do cambio, pero algúns no seu partido o queren fulminar. Do resto non hai moitas referencias, pero seguro que haberá sorpresas. Algúns terán que desdecir algunha das súas promesas se queren formar goberno, algún outro aceptar o impensable para poder gobernar. As apostas están abertas. Ou repetirase a partida. É curioso que todos estes feitos ocorran despois das eleccións e non antes. Antes todos se levan ben, agora as loitas de poder son encarnizadas, sen piedade. Os débiles o pagarán caro. Parece que non hai cores políticas, parece estamos nun carnaval político, onde cada un viste como quere, cando quere e cando mais lle convén. Todos se levan ben e mal con todos ó mesmo tempo. Para gobernar, nin contigo, nin sin ti. O problema é que mentras tanto o país está sen goberno e se crea unha inestabilidade, a cal, esperemos nun dure moito tempo. Pero, cal é o prezo do goberno? Venderán as súas almas ó diaño? Ceder ou non ceder, that is the question? Será o prezo de gobernar mais caro do que algún pensa? Estaría no certo Groucho Marx cando dixo “A política é a arte de buscar problemas, encontralos, facer un diagnostico falso e aplicar despois os remedios equivocados”? Continuará...

O carnaval da Moncloa

Te puede interesar