OXI (NON)

Eu non son economista nin nada que se lle asemelle, porén, si que lle fago caso ao grande José Luís Sampedro un home humanista e economista que finou fai dous anos, cando dixo: “Hay dos clases de economistas; los que quieren hacer más ricos a los ricos y los que queremos hacer menos pobres a los pobres”. Isto ben a conto co que está a pasar nesta Europa dos cobizosos desalmados que manexan  a zona euro para encher os bandullos da banca e dos terroristas financeiros, á conta dos cidadáns do común. Da vergoña allea escoitar ante referendo de Greza aos grandes xornais de Europa a pro do SI, ata o presidente do Parlamento Europeo e o Sr. Rajoy con todo o descaro alentando esa opción. Agora xa  dámonos conta que segue a manipulación das masas, que o que queren e seguir chantaxeanto a Greza e esta unión de mercaderes non lles gusta a democracia, ou sexa, nesta unión de carroñeiros a ética e a transparencia non teñen cabida, o dixo claramente a ministra  de Agricultura a Sra.Tejerina: “ ...las urnas son peligrosas...”. Manda carallo na Habana coa “ministra”, cando desde un punto de vista democrático tiñan que facer un referendo o PP e o PsoE no troco  que eses dous partidos fixeron con nocturnidade o artigo 135 da Constitución. Non lles gusta as urnas a estes dous partidos neste país, só escoitan a banca e ao cobizosos que intentan rematar co estado de benestar en Europa privatizando ata o Sol.  En greza gañou a dignidade e a democracia, Xogan co medo, pero o cidadán grego sabe moi ben que foi o Banco Central Europeo o que lle puxo a pistola na sen a cada cidadán grego, ameazando que se votaban NO, que lles pechaba o grifo, e os grande xornais, tanto en Greza como en España ao servizo deste intereses bastardos resaltaban o medo, a política do medo. Agora voume dando conta que máis que un problema económico, que certamente existe, prima máis o problema político; non consenten estes desalmados financeiros que un pobo poida votar libremente e non admiten un goberno de esquerdas que sexa de efecto dominó nos países do sur de Europa, países que queren escravizar. Queren impoñer a ditadura sen usar os tanques.

OXI (NON)

Te puede interesar