Na miña anterior publicación, tentaba facer una descrición metafórica do que sucede no xogo do “Trile” e como se aproveita iso na política. E nesta tentarei facer algo parecido, trasladando a práctica da política municipal, unha das mais famosas técnicas empregadas na política, tristemente, a coñecida como “o Ventilador”.
A técnica do ventilador consiste basicamente en intentar facer extensivo a todos e todas as persoas ou organizacións o suposto feito do que alguén se poida sentir acusado. Incluso as veces empregando ese ventilador para facer “veladas” acusacións e insinuacións que pouco ou nada teñen que ver co feito que se lle imputa a quen decide poñer en marcha “o ventilador”.
Evidentemente esta técnica busca distraer o foco de atención do protagonista a todos os demais, como se iso fose xustificación de nada, pero é o que se fai, para ver si así deixan de falar de un, para quedar oculto no tumulto xerado, ou en ocasións a mentira empregada para prender o ventilador e tan grande que non se decatan que os sitúan nunha posición francamente lamentable. Na pasada semana, tivemos ocasión de contemplar como para poder xustificar un desvío de partida orzamentaria no concello, empregouse primeiro a tentativa de ocultación non explicando o destino de ese desvío, o non dicíndoo todo explícito que se acostumaba a dicir. Pero e que ante a evidencia de esa tentativa de ocultamento, e as lóxicas sospeitas de que iso non se podía deber a “dietas” como dixeron, para elo sacaron varios comunicados de explicación, e no último acusan a todos os concelleiros/as de ser cómplices de ese exceso de custo. Para elo non dubidan en incluír comentarios como o de que esas dietas son cobradas dende o mes de xuño por todos os concelleiro e concelleiras, e enfatizan en que incluso os que teñen outro traballo, incluído a este que escribe, tentando repartir a culpa entre todos e desviando o foco de atención que inicialmente oo noso Grupo Municipal o sitúa sobre a necesaria xustificación de ese exceso.
Pois ben en vez de xustificar o exceso, poñen o “ventilador”, e din que e culpa de todos. A nos non nos cadran as contas, e por elo faremos o control pertinente. E non nos cadran pois partimos de que o goberno anterior debería haber deixado orzamentado o custo das indemnización por asistencias de todo o ano en lugar de so una parte, se non o fixo así mal por eles. E si o fixeron non podemos entender ese exceso de custo, cando houbo un mes electoral, no que non se aboaron as asistencias, pois non houbo pleno, o custe das asistencias e lixeiramente inferior que as que percibían na corporación anterior, e dende que PP e PSOE pactan as liberación, haberá 3 concelleiros/as menos que na antiga corporación que non percibirán esas indemnizacións, por lóxica todo apunta a que neste apartado o orzamentado debería chegar, ou polo menos a diferenza non debería ser tan grande como plantean.
Pero claro, en vez de explicar isto, pretenden parecer mais dignos estendendo a sospeita de que ese custe e culpa de todos e todas, incluíndo aos que no exercicio do noso dereito reclamamos a información, o que conseguen e que o “ventilador” se converta en algo perigoso e indignante, pois algúns seguimos a defender que a política non é ver quen descálifica máis ao opoñente, política é defender o interese común sobre o particular, e non enganar a cidadanía, sobre todo se un enchese a boca presumindo de transparencia.
Véxome na obriga de incidir nas seguintes afirmacións: que si as dietas por asistencias se poden cobrar dende xuño e grazas ao pacto PPSOE que así o recolle, que e legal por suposto, pero podían haber firmado o pacto para que se cobrasen dende ese momento e non con carácter retroactivo, e sería legal igualmente, iso tampouco e culpa dos demais. En canto as “veladas” insinuacións de que algúns cobramos esas indemnizacións ademais dos nosos traballos respectivos, debo pronunciarme pedíndolle a que dende o PSOE afirma iso que antes debería estar ao tanto do que recolle o Estatuto dos Traballadores para os que compaxinamos traballo por conta allea e dedicación pública, xa que o Estatuto habilita as empresas a descontar dos nosos salarios o tempo invertido en asistir a esas xuntanzas se para elo nos ausentamos do noso traballo, tal e como algunha vez pasa e pasará. Claro que ao mellor ese descoñecemento e debido a que no Partido Socialista Obreiro Español, andan escasos de Obreiros aos que se lles aplica o Estatuto dos traballadores, e moi cheos de Politicos Profesionais (o que explicaría tamén algunha reforma laboral) que defenden a existencia de bos salarios na Política para que, e cito textualmente “cheguen os mellores” , e que vai resultar que se consideran os mellores e tal vez iso explica uns dos principais problemas de este Goberno Local de Vilagarcía, que actúan dende o convencemento de que son os mellores e non contan con ninguén. Eu creo que debe haber bos salarios en todas as profesións, e en política os bos salarios o único que está garantir, en moitísimos casos, é que cheguen os que despois minten, enganan, difaman a quen sexa con tal de manterse. Débese vivir moi ben a conta do salario político, que algún se aferra a elo sen importarlle o custo para as arcas municipais, con tal de manter o que eles creen que e o seu “status natural”. Que Pena.
*Voceiro do grupo Municipal de Esquerda Unida en Vilagarcía.